© blog: Son de Oleiros

domingo, 30 de diciembre de 2012

OS GALEGOS E A MELANCOLÍA


(Fragmento de "Galegos. A galicia do século XXI")


Se cadra por mor, no esquema familiar tradicional, da enorme autoridade do pai, ao que superar en  status non é de balde, se cadra polo medo á autoridade divina, á que non se pode desafiar con soberbia, e, en definitiva, por razóns gravadas no fondo dunha conciencia intranquila, o caso é que os galegos padecen en gran medida o complexo de Polícrates: senten que tras dunha boa nova, tras do progreso que leva a superar as propias limitacións, virá de seguro unha mala nova, un problema ou mesmo unha desgraza[1].
O sentimento de culpa está detrás de esa melancolía que tan ben define aos galegos: una tristura duradeira, un xeito de estar na vida que conxura o perigo dunha sucesión de golpes de fortuna e calamidades[2]. O galego resiste mellor que ninguén os rigores do clima, a soidade e os traballos esforzados porque todo iso sérvelle de refuxio e protección fronte ás veleidades do destino e do ánimo. Namentres chove, neva e zoa o vento, o galego ten a coartada perfecta para coidar da mera supervivencia, camuflado en roupas que o manteñen illado, na intimidade do fogar, ou nas cerimonias de baixo perfil comunicativo que veñen a ser os xogos de naipes e as cuncas tomadas sen falar.
Así, cando morre un ser querido prodúcese un gran baleiro no corazón dos galegos, mais, ao mesmo tempo, esa sensación de calma que proporciona o saberse nunha meseta de aflición, nun estado que por un tempo non vai ir a peor. É paradigmática a carón do finado, de corpo presente, a compostura dos considerados máis febles e que agochan tras de ese aparente ánimo pusilánime un estoicismo que non é máis ca o medo a sufrir, desde o berce, disfrazado de esa aflición permanente que anticipa os reveses do destino. O paraugas dunha tristura cotián é preferible á actitude dos felices e despreocupados en aparencia, máis expostos ao caos e o imprevisto, e que, en todo caso e aínda nos momentos de bonanza, viven conscientes de que logo dunha grande alegría de seguro van vir momentos dolorosos[3].

Rosalía de Castro debuxou transversalmente a súa obra con ese temor a ser feliz:

“Tembra a que unha inmensa dicha
neste mundo te sorprenda;
grorias, aquí, sobrehumanas
trán desventuras supremas.
[...]
Sí; tembra cando no mundo
sintas unha dicha inmensa:
val máis que a túa vida corra
cal corre a iaugua serena.”

(Follas  Novas)                

Os galegos renuncian a buscar elementos de felicidade porque pensan que así frean a cadea de desgracias que inevitablemente veñen engarzadas cos bos momentos[4]. No seu interior prefiren se acaso os pequenos momentos de pracer, o goce do cotián, da boa comida, da natureza... cousas que por non ser espectaculares nin supoñer cambios no xeito de vivir tampouco teñen porque atraer á desgracia. Así, a alegría de vivir é máis ca nada un estado de sosego no que hai unha grande conformidade co presente[5]. Unha aceptación que só se viu ameazada coa derrota que nas últimas décadas tomou a vida para a maioría dos galegos, desprazando xeitos de supervivencia, borrando da pirámide de poboación a nenos e mozos, silenciando o murmurio de vidas incipientes e espontáneas que enchían de vida as nosas aldeas e as pequenas vilas.
En moitos lugares a satisfacción por sentirse vivos no corazón dos veciños deu paso a unha desesperación calada que se precipita en depresión profunda cando a memoria rescata imaxes doutro tempo: longas xornadas de traballo no campo interrompidas por comidas calóricas compartidas en charlas animadas; os ensaios da banda; as festas, os usos, os costumes... os sinais de identidade dun colectivo de seres humanos cuxa pegada se dilúe co tránsito da Galiza tradicional a Galiza do século XXI: un novo modelo de país, de empresa común, suma de vocacións individualistas, enganchada á corrente global de valores homoxéneos e homoxeneizadores que restan importancia aos feitos diferenciais, á lingua nai e a tódolos rasgos autóctonos.
Na Galiza das cidades, en Vigo, A Coruña e Ferrol, a xuventude namórase en castelán, escoita música en inglés e viste roupa semellante á que se estila en Xapón, París ou Nova York. E isto a pesares de dispor de canles de televisión e emisoras de radio emitindo en galego, unha lingua, unha cultura camiño de ser centro de atención exclusivo de estudosos nos departamentos universitarios de investigación de medio mundo, aló cando teñan morto dúas xeracións que aínda posúen memoria histórica e lembran outros tempos.



[1] O ben non dura e o mal chega axiña.
[2] As alegrías non son para tódolos días.
[3] O que se alumea coa estrela da fartura, pode atopar algo que lle faga a vida escura.
[4] As delicias do mundo pasan axiña.
[5] Camiño longo, paso curto.

sábado, 22 de diciembre de 2012

Los centinelas del mar


Os gurús da crítica literaria, a situación económica, a retracción do mercado e, ao fin, unha análise pormenorizada de todo o que se publica en España ao longo do ano insisten na tese de que unha porcentaxe que pode estimarse no corenta por cento dos títulos son aportes prescindibles. Non só porque o universo de lectores potenciais compón a mesma foto fixa desde os anos oitenta, senón e sobre todo porque os filtros sobre a calidade do que se publica non teñen potencia e obxectividade dabondo. En España edítanse cincuenta e cinco mil libros novos cada ano, os mesmos que en Alemaña, que duplica a nosa poboación, e varios miles máis que en Francia ou Italia.
Considerando todo isto a aparición nas librerías do país e de todo o Estado da última entrega do prestixioso fotógrafo coa dobre nacionalidade, ourensán e viguesa, Guillermo González Vázquez, que leva por título “Los centinelas del mar” supón un reforzado motivo de satisfacción dentro do panorama editorial, pola entidade formal e a fermosura impactante do traballo pero tamén por cumprir esa función de cubrir unha orientación temática pouco tratada.
O traballo fotográfico de Guillermo González nesta publicación e impagable: non só porque fai unha recollida exhaustiva da meirande parte dos faros que salpican a costa desde Donosti a A Guarda, non só porque o fai con perspectivas inéditas, luces que requiren non só dunha técnica depurada senón tamén de sensibilidade extrema e, sobre todo, da paciencia, esa virtude sen a cal moitos dos legados de imaxes máis importantes nunca se terían producido e que leva a Guillermo a agardar, a insistir, a experimentar, reflexionar e sentir, dentro do diálogo aberto entre o fotógrafo e a materia que o impresiona, e no que a técnica é a ferramenta que o propicia.
Esa realidade é teimuda é expresiva para quen ten a sensibilidade de percibila cos seus matices diferenciais, como diferentes son os faros que sinalan as entradas aos portos ou a presenza de enfilacións ou acantilados na liña de costa diversa desde o Miño ate o Bidasoa: Rías Baixas, Costa da Morte, Rías Altas, Cantábrico galego, Asturias, Cantabria, País Basco. Diferencias impostas polo mar pero tamén consecuencia da cultura arquitectónica de cada pobo e da pegada, o selo persoal dos autores das casas da luz que buscaron a integración na paisaxe das súas invencións para facilitar o diálogo coa natureza desde perspectivas singulares.
Recoller nun libro esa singularidade dos faros do norte de España é o encomiable aporte de “Los centinelas del mar”, un libro evocador dun mundo de luces, distancias, naturezas indómitas, soedades militantes... e tamén de testemuñas de sucesos lexendarios e de memorias revividas.

“Los centinelas del Mar”

Edita: Gestión y tratamiento de imagen del Atlántico. VIGO, Decembro 2012.














martes, 18 de diciembre de 2012

OS GALEGOS E A ATRACCIÓN POLAS CHAPUZAS

(Capítulo do ensaio humorístico: Galegos. A Galiza do século XXI)
Copyright: Santiago Casal Quintáns.
Ano: 2011

Os galegos practican o principio de que si algo pode facerse mal, para que facelo ben?  Por todas partes hai pegadas dunha tendencia marcada cara á auto-aprendizaxe: na agricultura, na construción, na carpintería, na xardinería, en tódolos oficios manuais e tamén nas actividades artísticas os galegos “ignoran” a existencia de manuais e desprezan o legado dos outros[1]. O inventario de ocasións para toda sorte de intervencións de colleita propia é tan interminable como contrastado: un chimpín de masa para acceder á propiedade formando unha superficie des-conchada e irregular; un farol inclinado suxeito con ventos de arame; tellas aseguradas con enormes pedras de granito enriba delas; canlóns reparados con parches de tela asfáltica e amarrados con cordas; pastores eléctricos para gardar o gando enganchados en somieres estratexicamente situados para medio electrocutar aos camiñantes incautos; patas das cadeiras aseguradas con puntas á vista; fíos da corrente pelados provisionalmente e pendentes durante anos de seren forrados ou fichados; os buratos de seguridade para ventilación en caso de escape de gas tapiados por un moble; a ausencia de portalámpadas en instalacións de alpendres e faiados; arquetas dos sumidoiros situadas a nivel coa rede de saneamento para que a merda colla o camiño de volta á casa...
Fora do ámbito da construción e o mantemento doméstico a interiorización da inescusable presenza da calamidade impregna o comportamento do galego: o desprezo do coidado da saúde porque a enfermidade e a morte son un destino fatal[2]; a preguiza na administración da facenda, na presentación de papeis dentro do prazo, na petición de licencias e permisos, polo medo da uniformidade que supón estar dentro da lei; o declive da intensidade e a xenerosidade na relación de parella porque ser sensible fai máis feble e ser feliz da medo; a pouca valoración dos riscos na estrada, na obra, en certos traballos, porque adoptar medidas preventivas vai en contra da liberdade... para morrer?.
O galego prefire actuar conforme a unha idea de provisionalidade. Fai as cousas mal adrede pola presunta urxencia, pero coa idea de melloralas nun futuro próximo. O caso é, como facelo? Hai logo algún indicio de que ao chapuzas acompáñano capacidades e dons bastantes para facer ben ese traballo pendente? As raíces do desempeño fora de catálogo remóntanse aos estadios iniciais no asentamento da poboación en unidades illadas, xa fora dos castros, espalladas por un espazo físico case que excesivo. Os galegos estenderon as súas propiedades con ansias de privacidade[3], como os cans que se agochan para atacar unha presa de carne. E unha vez acadada esa esfera do íntimo, estes pioneiros da autosuficiencia afiaron a imaxinación e a capacidade creadora para resolver tódolos retos que a intendencia diaria ía presentándolles[4]. Así, no cerne de todo galego está presente a pegada evolutiva de miles de anos e o mérito de resolver, nunha soa vida, problemas e enigmas que noutras sociedades, cunha concepción organizativa gregaria, son tratados coa vantaxe de ter recibido en mellores condicións o legado xeracional de coñecementos e valores.
O tributo que os galegos teñen pagado por ese modelo de vida e de crecemento é grande. É certo que son seres modelados a partir do propio esforzo persoal, con grande capacidade de supervivencia nas situacións máis extremas. Pero, por contra, a calidade final das súas obras é hilarante cando falla a titoría dos que saben[5].
Os galegos que pasan por escolas taller, centros de formación, facultades de artes... os que, en definitiva, collen mestre, son artesáns ambicionados e con éxito no seu desempeño[6]. Mais sempre aportarán ese grado de diverxencia creativa que denuncia a súa reticencia a admitiren a parte de responsabilidade de outros no propio traballo. Xa no ámbito cotián, se algún día teñen que pedir un favor porque as súas habilidades non chegaron para levar a bo porto unha obra, unha empresa pequena, a solución a un problema doméstico, fano coa boca pequena e, non ben empezan a recibir a chave para arranxar o asunto, xa se apresuran, incómodos, mesmo violentos, a ir rexeitando a axuda, como se non a tiveran pedido. Non queren deber un favor[7]. Porque os galegos miden o seu poderío en razón do cociente entre favores feitos e favores recibidos. Dormen máis tranquilos cando ese saldo é positivo, cando non hai hipotecas no horizonte. Levado á esfera do hábitat, os galegos prefiren ser pobres entre catro paredes da súa propiedade antes que levar unha vida de caprichos vivindo en réxime de aluguer. É consecuencia dun carácter previsor que fai deles grandes aforradores e inversores en bens inmobles, pouco ou nada suxeitos aos vaivéns do mercado.
A meirande parte dos esforzos empresariais téñense cimentado máis ca nada sobre a capacidade de traballo e de sacrificio[8]. Só nos últimos tempos despuntan algunhas vocacións de aliñar innovación con espírito empresarial aventureiro. Mais o perfil do galego é pouco dado a conciliar a capacidade de durmir coa posibilidade de que o valor do seu patrimonio poida baixar un cincuenta por cento nunha semana. Para iso aforran como as formigas mesmo os máis humildes. Sábeno ben os bancos e as empresas de venta directa, a porta fría, que acadan niveis de vendas en Galiza como en ningures.
Alí onde cheira a sardiñas con cachelos, alí hai un cliente potencial para un relo como o de Xulio Iglesias[9] e unha batería de cociña como a de Belén Esteban[10]. Os responsables dos departamentos de mercadotecnia e vendas arengan aos mellores elementos para que lle saquen o miolo aos galegos máis humildes:

– “¡No se dejen llevar por las apariencias! En las casas más humildes es donde tienen el dinero escondido bajo los colchones, envuelto en bolsas de plástico para que no lo coman los ratones. Si no son ustedes, otros acudirán a sablearlos. ¡Y no me vengan con escrúpulos absurdos!. Esos pailanes por más tontos que les parezcan se las han arreglado para cobrar pensiones de minusvalía toda su vida por culpa de una hernia “fiscal” mientras, en su vida privada, doman caballos si hace falta. Han tenido la inteligencia suficiente para convertir un galpón en una vivienda, o para mover los hilos y colocar a sus hijos en puestos de trabajo para toda la vida sin pasar por oposiciones y a los abuelos en los mejores geriátricos públicos. Mientrastanto, ustedes tan modernos con sus cacharros cuya letra apenas puesden pagar se las ven y se las desean para llegar a fin de mes. ¡Entren en esas casas[11], ostia!. ¡Venzan con tenacidad cualquier atisbo de resistencia y no dejen euro sobre euro, que el año próximo esos cabrones ya habrán repuesto íntegramente su capital!”.   

Excursións a Portugal, demostracións en hoteis e nos fogares, presentacións en centros sociais coa mediación dalgún veciño con moito crédito no lugar. Multiplícanse as ocasións nas que o aforro dos galegos queda exposto á actuación dos piratas legais que, remedando a labor dos vendedores ambulantes no antigo Oeste americano, abordan a esa parte da poboación galega que aínda está a transitar cara o século XXI dende estruturas e escenarios pre-tecnolóxicos.
Por contra, para as novas xeracións, descendentes dos que fuxiron ás cidades, hoxe non queda nada interesante nas aldeas. Os vellos son moi vellos e os traballos e quefaceres do campo algo completamente alienante. Nos días de festas patronais neses pequenos núcleos, despois de xantar xuntos todos en familia, os maiores van saudar a primos e veciños, para laiarse do abandonado que está todo. Namentres, os mozos e as raparigas claudican da posibilidade de emprender calquera aventura e adoecen de tedio. Coa cabeza gacha, tirados nas escaleiras de pedra que levan á eira, estrañan os soportes tecnolóxicos e devecen por, en rematando a tortuosa tarde de Domingo, voltar ao seu medio natural: a cidade, as catro paredes do seu cuarto, a soas co Twenti e o Facebook. É o sinal de que todo mudou en pouco tempo nesta Galiza que se engancha ao tren da cultura global, acentuándose unha desvertebración entre o rural e as cidades que afonda aínda máis a fenda entre as xeracións presentes.




[1]Máis sabe o raposo por ser vello que por ser raposo.
[2]En mal de morte ningún médico ten sorte.
[3]Dos amigos gárdeme Deus, que dos inimigos gardámonos nós.
[4]Deus da o frío a conforme é o abrigo.
[5]Aprendiz de moitas ciencias, mestre de poucas sabencias.
[6]O que amodo camiña, chega a lonxe axiña.
[7]O que por si non se amañe por outro non agarde.
[8]Para recoller troitas hai que mollar o rabo.
[9]Cantante, intérprete de música lixeira, que vive “lexos dos teus lares” e presume de ser o que é por riba da marca de relo que usa.
[10]Moza asidua dos programas do corazón, a partir da súa separación dun toureiro e do presunto despecho por parte da familia política. E unha especie de símbolo de muller loitadora ¿?, desde a humildade, para moitas familias de clase media baixa e escasas inquietudes intelectuais.
[11]Metín o rato no celeiro e fíxose o meu herdeiro.

sábado, 15 de diciembre de 2012

JALISIA, o Luxemburgo fraguista

O galegos do rural viven como os Luxemburgueses. Sen dúbida iso era o que consideraba o tan ben ponderado por toda a clase política Manuel Fraga cando forrou os petos dos franceses para que mercaran as leiteiras galegas facendo mutis diante da realidade de que as súas medidas aceleraban o estrangulamento pola falta de capacidade de negociación diante de multinacionais exercendo o abuso de posición dominante. A desidia dos socialistas cando colleron o relevo en Madrid e Santiago provocou a defenestración dos que quedaban.
Onte fun a Fornentón a visitar a Aladio. Collino turrando do jando, xa de retirada. Chovían mares pero a el semellaba non afectalo. Os galegos de pura cepa teñen a habilidade ou mellor o don de non mollarse cando chove. Fomos dereitiños á lareira para dar boa conta dos chourizos, de cebola e de porco celta, e do mencía. Era o serán que se prolongaba durante horas e horas de escuridade. Pregunteille se non se aburría, se non se sentía só.
–Eu? Nunca. Cando me peta poño no IPOD “eu teño unha casiña branca”, repetido corenta veses, namentres leo a Wittgenstein, ou collo o Infinity e achéjome a Marineda a jastar vintesinco mil pesos en roupa.

viernes, 14 de diciembre de 2012

A XERACIÓN PERDIDA

É probable que a clase dirixente deste país abrigara a idea de que o xuízo crítico e a capacidade para a rebelión morreron coa transición. Tres décadas de lavado de cerebro a través dos mass media e a inmersión nun mundo
de consumo desaforado como elemento no que se sostiña o sistema debuxaban un perfil en tódalas enquisas do CSIC de pobo domesticado, alienado, incapaz para a diverxencia e pouco amigo do asociacionismo sen fins directamente lucrativos. Mais esa mirada grosa das computadoras e dos estadistas deu por suposta a morte da memoria, a perda de conceptos transmitidos dunha xeración a outra e que teñen dotado a unha parte desprezada da sociedade dun sentido da xustiza que transcende a este tempo e a este espazo e que vai a rematar, non sen un grande sufrimento polo medio, por pura presión ideolóxica, por desprazar do poder e inhabilitar para sempre a aqueles que nos tempos nos que é preciso e prioritario un goberno de consenso e un rescate das persoas só pensan e actúan en clave partidista e para defender o status dos que, privilexiados, blindan a súa ascensión e aseguran un retiro dourado.
Hai unha recuperación da memoria histórica que quer satisfacer o dereito a saber onde están os restos de vítimas do xenocidio e tamén a restitución e o recoñecemento da súa inocencia. Mais hai outra memoria histórica latexando na mente dunha xeración dada por perdida pero que está en pé, que recorda, que aínda non toleou, que está mellor dotada para a supervivencia que as súas señorías porque sabe e pode vivir con menos, que ven experimentando o arrecendo do medo con cada despedimento que se produce no seu entorno, nas súas carnes, pero que resistirá e será, ao fin, a que impedirá que os que agora encarnan o abuso de posición dominante rompan os elos coas conquistas sociais e o sistema de valores que tanto traballo e tanto sangue custaron.

martes, 11 de diciembre de 2012

La muerte inútil de Patrice Matata

 
Patrice Matata creció caminando del poblado a los pozos, ocultos en los peñascales, entre la hojarasca, y de los pozos al poblado. A los diez años sus piernas largas, flacas y nerviosas acumulaban miles de quilómetros, tantos como albergaba su cabeza inocente y fantasiosa. La sangre del ganado era el combustible para sus piernas que, al fin, alcanzarían la tierra prometida donde recrear sus gestas solitarias en la nocturnidad de la sabana.
Desde que los ojeadores de la Federación británica de Atletismo le habían seleccionado contaba los días que le faltaban para alcanzar la libertad. Soñaba con poder pagar un tratamiento médico para su hermano mayor, y con regalarle una casa nueva a la familia, vestidos a Isatou, ceras de colores a Moise... Soñaba con un pequeño establo para las reses y con un rebaño de cabras.
El sábado, víspera de su vuelo a Londres, se unió a los jóvenes que denunciaban la enajenación coercitiva de las tierras a cambio de cuatro perras, y la condena a morir de hambruna. Los mercenarios integrados en el ejército “regular” le apuntaron primero a las piernas. Sin ellas no sería nada –pensó Patrice, agonizante–. Pero otra bala en la nuca del AK-47 remató el trabajo y sepultó los sueños de un negro cualquiera en la tierra del coltan y los diamantes que lucen las damas más caritativas del orbe en las grandes fiestas elitistas con el noble objetivo de recaudar fondos que mitiguen el hambre en el Continente Negro.


(I PREMIO DEL CONCURSO DE MICRORRELATOS DE AMNISTÍA INTERNACIONAL GALICIA. Vigo, 10 de Diciembre de 2012)

martes, 27 de noviembre de 2012

O PENSAMENTO ÚNICO

A serie Isabel presenta unha raíña todo ela sentimento de preocupación polos pobos que debían integrar España. A novela de Isabel SanSebastián demoniza os nacionalismos que, segundo ela, son movementos execrables nacidos no século XIX ¿?. Todo este interese ¿será casual?. Hai que andar a lembrar cansinamente que as intrigas polo poder destruíron desde Castela e León o Reino Suevo, que máis adiante, co concurso da “amable” Isabel, esmagouse o proxecto do reino de Galicia e Portugal e o desenvolvemento económico de Galiza foi estrangulado con medidas proteccionistas para outras rexións españolas -especialmente Andalucía- e que Isabel, a golpe de decretos, prohibiu o tráfico entre portos galegos e América ou mandou arrincar olivos e viñedos. A Isabel San Sebastián, que se arroga o papel de notaria da realidade asustada pola deriva de algúns pobos que queren ser soberanos ¿hai que lembrarlle que o nacionalismo galego non é ningún invento senón a reivindicación dunha conciencia de nación que foi arrincada por séculos de dominación, sangue e ditadura? ¿Hai que lembrarlle que a nobreza galega foi defenestrada e substituída por outra fundamentalmente de Andalucía e Castela? Porque Os Reis Católicos se algo sementaron en Galicia foron elementos para odiar a outros pobos da nova patria que eran tratados como fillos mentres os galegos eramos bastardos. Para colmo, a nosa obediencia resignada nos ten levado a traballar e crear artes de pesca mentres os cataláns se enriquecían á nosa costa hipotecando o noso suor con prácticas de usura.
Hai un balance histórico que tradicionalmente arrastra perdas para o primeiro reino da península ibérica. Os mesmos galegos que nos gobernaron fixérono para medrar como estadistas. Cataluña, outrora interesada na nosa integración en Galeuzca, denigra que se invista en Galiza, tradicionalmente agraviada en tódalas asignacións. O nacionalismo espurio, cuxos albores data Isabel SanSebastián no século XIX, foi desenvolvido de maneira excluínte pola “corte” de Castela, que impuxo unha lingua e unha cultura única e homoxeneizador e tentou borrar da memoria tódalas nosas raizames. Pero alá ela e a súa cohorte sectaria se seguen por un camiño a contracorrente do que debe ser o obxectivo acondicionado aos tempos: o nacemento dunha Cousa Pública compartida, dunha República, dunha federación de Estados dentro do Estado, de nacións dentro do Estado, fronte á estampa medievalista dunha monarquía hereditaria imposta por un ditador que renegaba das súas raíces.

lunes, 19 de noviembre de 2012

VENTA DE FUME

--> As súas señorías estiveron tradicionalmente moi atareadas como para poder mudar lexislacións de 1909 que permiten que o valor dunha prenda só obre en contra do hipotecado e nunca contra o banco que a valorou denantes de estimala suficiente para conceder o crédito. As súa señorías están facendo a dixestión do pato á laranxa e o gulag a prezo de taxa por levar o tupper os cativos á escola namentres a bolsa de pisos “incautados” pasa a mans de rusos e chineses incentivados, levando á desesperación aos que, por riba de ter quedado na indixencia aínda seguen a deber diñeiro.
Teño uns amigos que non gozarán das medidas “salvadoras” anunciadas con tan bó humor por Soraya o venres: o seu fillo xa ten catro anos e a medida contempla a parellas con cativos ate tres anos. Outra parella de coñecidos quedou na rúa unha semana antes da adopción de estes acordos protectores. A culpa foi do calendario, porque durante os dous últimos anos a alarma social non era bastante para facer saltar a espoleta de que había que impedir que a xente fora a vivir debaixo dunha ponte ou ateigada na casa dos abós. Seguindo as máximas de Rajoy, nunca faría falta lexislar para protexer ás familias que se quedan sen nada, porque a sociedade española constrúese, segundo el dixo en México, sobre a base dos millóns de persoas que non se manifestan. E curioso que un político saiba, mesiánicamente, dos intereses e cuitas dos seus concidadáns a través do silencio e a inexpresividade. Claro, que esa é a actitude que lle interesa a un gobernante que nunca ve a necesidade de dar explicacións e só comparece cando está obrigado por lei.
Por esa falta de empatía non é extraño que a bicefalia que nos goberna desde hai trinta anos o faga a golpe de decreto, unha fórmula que non precisa do diálogo desgastante, e que tampouco conta coa necesidade de ser sensible ao que convén ao conxunto dos cidadáns para ir adecuando as leis aos tempos. Así, o abuso da letra pequena queda inmutable para beneficio das empresas que gañan moito en tempos de bonanza e están blindadas para seguir gañando cando pinchan as burbullas que eles alimentan: os bancos, os profesionais da usura legal. Os seus esbirros no Parlamento terán logo choio cando remate a súa entrega vocacional á cousa pública e para ir tirando sacan a batería de parches do outro día que só será aplicable nun porcentaxe ínfimo de casos. É a meirande habilidade da chusma política integrada por adictos á amasar diñeiro no menor tempo posible: A VENTA DE FUME.

miércoles, 3 de octubre de 2012

ESPAÑA E PORTUGAL FUMIGADOS


 (Publicada en El País e reproducida eiquí para poder insertar enlace campaña Avaaz)



 A los que venimos denunciando las fumigaciones tóxicas sobre la península Ibérica nos piden ahora desde todos los puntos concreciones bien porque desconocían el tema bien porque ya resulta patente que lo que vemos no es un nuevo tipo de nube ni mucho menos la estela de vapor de los motores. Sintetizamos: 1,- Diversos medios apuntan a que la multinacional MONSANTO, dentro del sector de la biotecnología y la Farmacia, ha fumigado intensamente en varios países aluminio, estroncio y bario para cambiar el PH de la tierra de modo que sólo prosperen cultivos de transgénicos, maíz Bt y soja. Esos cultivos habrían sido prohibidos en el resto de Europa -no en España- con lo que las fumigaciones sólo persistirían aquí y en países sudamericanos que han interpuesto querellas. Las mismas fuentes apuntan a que en el entorno del máiz Bt crecen hierbas malas que sólo es posible erradicar con pesticidas neurotóxicos de la misma multinacional. Esos pesticidas son prohibidos en Francia y Alemania para salvar la población de abejas. Las patentes de Monsanto implican que el agricultor que compra su producto no puede recoger semilla de un año para otro, adquiriendo hipotecas cada vez más gravosas al tener que comprar cada año nueva semilla. En la India se suicidaron 1.200 agricultores entrampados por este asunto. Según las mismas fuentes en España se han producido reuniones al más alto nivel en la embajada de los EE.UU. entre la Administración española, Monsanto y el Gobierno de los EE.UU. para impedir el bloqueo a los cultivos de transgénicos y de maíz BT. Monsanto es la misma empresa que fabrica el factor de crecimiento para el ganado, que según investigadores independientes es responsable de mastitis tratada con antibióticos. 2.- Fumigaciones para el cambio climático, con azufre y ácido domoico (a partir de silicio) y que no es tan inocuo como se dice. El ácido domoico es responsable del virus de las 12 horas: acumulado en el hígado de los moluscos y crustáceos pasa, a través de la cadena trófica, a afectar seriamente a humanos. 3,- Fumigaciones para amplificar la acción de emisión de ondas de Alta Frecuencia del Proyecto Haarp. Obama ha respondido a la petición de la Unión europea en el sentido de cesar en la actividad desde la base de Alaska que Bruselas no tiene jurisdicción sobre U.S. Army. Mientrastanto fuentes diversas apuntan que las 72 antenas del proyecto, trabajando coordinadamente, emiten 3,6 millones de vatios sobre un punto limitado de la Ionosfera que es empujado hacia el espacio exterior desplazando tras de sí las capas de la atmósfera y la corriente que desplaza la humedad que gira sobre el planeta con su carga de lluvias potenciales. Siempre según esas fuentes independientes, Haarp decide en que punto desplazar la corriente. Decide donde tiene que llover y donde prolongar la sequía. Vastas extensiones geográficas no ven una gota de agua desde hace un año y en otras se sufren diluvios. Haarp además sería un instrumento para loquear a la población. Ha parasitado todas las antenas de Radio, telefonía, TDT, para que emitan masivamente electrones positivos y frecuencias distintas a las de 7,8 ciclos (ondas Schuman), que son las que el cerebro necesita para el equilibrio y la salvaguarda de la salud. En todo el mundo se están organizando movimientos para instalar orgonitas (resina de poliéster, virutas metálicas y cuarzo) y contrarrestar la acción diabólica del Proyecto Haarp sembrándolas en el entorno de las antenas. Pero la sombra del poder es alargada y son retiradas en días. Pero aquí se trataba de ser conciso y acabaré con breves preguntas: -¿Por qué a la misma hora y con el mismo clima, a la misma altitud, unos aviones dejan una pequeña estela que desaparece en segundos y otros estelas que surcan todo el cielo, permanecen horas y se anchean hasta formar nubes blanquecinas? -¿Por qué el radar no es capaz de identificar a esos presuntos fumigadores y establece origen y destino desconocido? -¿Por qué los inmensos chorros se interrumpen y reinician, se interrumpen y reinician... formando a veces un entramado en el que participan en cualquier punto de la geografía un número de aeronaves espectacular? -¿Por qué algunas aeronaves se dan la vuelta en redondo cuando dejan de emitir los enormes chorros?¿Se les olvidó el tabaco, o la prensa para los "pasajeros"? -¿Por qué los políticos no quieren saber nada del tema? -¿Por qué el cáncer y el alzhéimer adelantan año a año sus edades de afectación y su incidencia?


http://www.avaaz.org/es/petition/STOP_A_LAS_FUMIFACIONES_TOXICAS_CHEMTRAILS


martes, 2 de octubre de 2012

¡ESPAÑA DESFAISE, CARALLO!

... dicía así o traballador da Citröen cando viu ao Chiquilicuatre representándonos en Eurovisión. _ –¡Home, non me fodas, Milincho. Ti supón que nos ve a reina de Injlaterra!– España desfaise. Nos foros europeos represéntannos malabaristas da burbulla, aqueles que mesmo estiveron detrás das hipotecas lixo como se o tempo poidera expandirse ate o infinito e con el a obriga de pagar unhas prendas hipervaloradas para que, ao fin, gañaran os usureiros por partida dobre. Tódalas figuras creadas en Bruxelas teñen como premisa que os bancos sexan as únicas empresas, sumando as públicas ou privadas, blindadas fronte á quebra e capaces de sanear os balances pola vía rápida con figuras consentidas de bancos malos dignos da compaixón do Estado antes que os desahuciados. O diñeiro que se lle resta a prestacións sociais básicas, atención a dependentes, educación, becas, sanidade, parados de longa duración vai destiñado á banca a un interese inferior a o 1% para que llo preste ao mesmo Estado que é o seu valedor ao 6,20%. Dentro das entidades os traballadores teñen que queimar doce horas ao día para burlar o despido mentres os Conselleiros e accionistas maioritarios, comensais habituais nas ceas coa oligarquía, atopan refuxio en Suiza para ese volume de negocio. Ao cabo os que hoxe queiman as naves do país en ruínas atoparan destinos dourados nas empresas en débeda moral con eles. É a teoría da porta xiratoria, que asegura o trasvase de persoal directivo entre as grandes corporacións e o Goberno -desgoberno- da nación. O malo de todo isto é que ao fin, ao longo da Historia, o regueiro de vítimas que deixa a pegada da corrupción con maiúsculas se nutre de inocentes da clase de cidadáns de a pé. A conciencia de que desde a base da pirámide non é posible mudar o curso da Historia leva a ese tufo de derrota ao que cheiran as rúas neste rincón do milenio perdido no calendario.

jueves, 20 de septiembre de 2012

FUMIGACIÓNS MASIVAS SOBRE AS MARIÑAS

Despois de varios días de calma hoxe fumigaron con intensidade, desde antes do amencer ate as 16 horas, as Mariñas e cara o interior, na Coruña. En varias ocasións viñan soltando duro cara a area conurbana de Coruña e Ferrol, e uns quilómetros antes de chegar paraban a fumigación e daban media volta sen deixar sequera estelas de vapor. Pescudas relacionadas: FUMIGACIÓNS DE ÁCIDO DOMOICO, ALUMINIO, AZUFRE, BARIO, CHEMTRAILS, PROYECTO HAARP, MODIFICACIÓN DEL CLIMA, GIFTEAR, ORGONITE.

miércoles, 12 de septiembre de 2012

LA REALIDAD A VECES ABRUMA

Sé que hay problemas muy importantes que nos venían ocupando en nuestra convivencia diaria y en nuestras comunicaciones en las redes: el paro, los servicios de asistencia solidaria, comedores sociales, la violencia de sexo, el maltrato animal, el recorte en las prestaciones sociales, el aumento imparable del precio de los productos energéticos, la necesidad de emigrar, la falta de expectativas de futuro, la persecución del pluralismo ideológico, el secuestro de las tades, la involución en valores de convivencia, el colapso de la Justicia, la corrupción a todos los niveles... Pero cuando se sufre sistemáticamente la fumigación tóxica sobre todo el territorio peninsular y las Canarias sin que las autoridades hagan caso de nuestras denuncias no somos capaces de dejar de ser monotemáticos. Locos obsesionados nos dicen a los ya numerosos miembros de Plataformas antifumigaciones que han nacido en León, Andalucía, Cataluña, Canarias, Extremadura... Pero cuando uno observa, como hoy 12 de Septiembre de 2012, una fumigación tan salvaje sobre el area conurbana de Coruña - Ferrol, se hace preciso volver sobre el tema para tratar amortiguar la conciencia de que nos están envenenando impunemente: Chemtrails, proyecto Harp, la modificación del Ph del suelo, la colonización posterior transgénica, la intervención sobre el clima, la manipulación de las personas...Es tanta la Documentación y tantas las prubas que ante las peticiones de la Unión Europea al Pentágono, éste responde que el ejército de su país tiene una autoridad soberana no sujeta a legislaciones locales. Es hora de que exijamos a nuestro Gobierno que haga respetar su espacio aéreo frente a las fumigaciones.

martes, 4 de septiembre de 2012

CHEMTRAILS: Fumigaciones masivas en España

¿Una cuestión de Estado? No lo creo. Desde diversas plataformas hemos enviado dossieres a representantes políticos, diputados y eurodiputados, alcaldes, asociaciones ecologistas en las que entra dinero de diversa procedencia... La mayor parte de los ciudadanos de a pie dicen que nos preocupemos del paro, del hambre en el mundo. Ya lo hacemos; de hecho todo está encadenado. Si acaso hemos dejado un poco de lado el fútbol, la fórmula 1 y todas esas cosas que sí merecen la atención de la generalidad de la gente.
Hace dos meses mi hijo y yo mantuvimos una reunión con la responsable de análisis de calidad del aire de Meteo Galicia. Estoy convencido que desde la inocencia nuestra interlocutora, ignorando los intereses espurios que se mueven detrás de todo esto, sólo nos dio argumentos para tranquilizarnos acerca de que se hacía un seguimiento suficiente para detectar cualquier aumento anormal de partículas contaminantes en el ambiente. Es que además manisfestó no haber observado nunca nada extraño en el cielo de Galicia relativo a formaciones de falsas nubes resultado de la emanación de chorros por parte de reactores a gran altura que lejos de desaparecer en breve espacio de tiempo llegaban a mantenerse horas dispersándose como una neblina blancuzca que llegaba a ocupar todo el cielo. Desde su posición y conocimiento nos argumentó que en determinadas condiciones climáticas las estelas de los aviones se mantienen más tiempo. Pero, ¿cómo explicar...:

-Que a la misma altura y a la misma hora el mismo día unas estelas van desapareciendo y otras se mantienen, y dispersan formando “la cuarta nube” –que no es tal nube- de la que se precipitan chorretes blanquecinos hacia el suelo
-¿Cómo explicar que entrando por el golfo ártabro, desde el mar, aviones que el programa "flightradar" sitúa con origen y destino desconocidos, empiezan a “chorrear” al empezar a sobrevolar tierra, e interrumpen y reanudan esa descarga por tramos?
-¿Cómo explicar que giren en redondo, como si volvieran a su lugar de origen?
- ¿Cómo explicar que algunos días hasta venticinco aviones simultáneamente establezcan una trama de trazadas que al cabo de tres horas han convertido un día soleado, anticiclónico y sin presencia ni de vapor en los mapas del satélite en un día nublado?

Ayer sumergí dos tomates de mi huerto en un cazo con vino tinto. Al cabo de dos minutos la superficie estaba llena de limaduras. Tememos por nuestra salud y la de nuestros hijos. España es el único paraíso para los transgénicos. En el resto de Europa las fumigaciones cesaron al prohibirse esas plantaciones. ¿La lógica de la causa efecto? Los tentáculos del poder económico son alargados. Esta es una cuestión de salud pública y necesitamos respuestas YA. Porque, el hecho es que NOS ESTÁN FUMIGANDO.


P.D. Ya no llueve en Galicia. Hoy hemos visto como sobre Bergantiños las estelas de los chemtrails deshacían dos cúmulos en quince minutos. Esta imagen es la de una estela cuarenta y cinco minutos después de pasar el avión. La calidad no es muy buena porque mi móvil tiene cuatro años. Pero sí ilustrativa. Al cabo de media hora se habían reunido una docena de estelas para conformar una neblina que el aire arrastraba lentamente a tierra.









viernes, 31 de agosto de 2012

Seguen a envelenarnos con aluminio.

Non é que os Monopolios da biotecnoloxía preparen o terreo para o progreso exclusivo das súas patentes. Non é que as especies de maínzo que resisten os pesticidas e herbicidas neurotóxicos -que acaban coas abellas- sexan ás únicas que han progresar nese medio co PH alterado. É que ademais os chemtrails desfan as nubes que cargan auga antes de que chova. Están a usar o cambio climático coma un arma de guerra e tamén como unha oportunidade de negocio a partir de patentar a vida.
Hoxe novamente levamos 12 horas en Oleiros sufrindo o peinado de avións cuxos orixe e destino o radar non especifica deixando o ceo cuberto de nubes de pó que logo cae pouco a pouco durante horas. Sen novas das autoridades ás que lle temos mandado solicitudes de explicacións. Non é nada novo, considerando que España segue a ser o único país europeo no que os cultivos transxénicos medran exponencialmente.

jueves, 23 de agosto de 2012

A INVASIÓN DO PODER AMARELO

O empresariado español vive en España expatriado. O chan das súas conquistas, dos seus desvelos, da súa interacción cos consumidores que xeran riqueza ao seu espírito emprendedor está agora en Asia. Vivir en España é un retiro para comer, tomar o sol e no perder os costumes. Pero as decisións estratéxicas veñen ditadas por 1.300 millóns de chineses, sen esquecer outros catrocentos millóns da suma de xaponeses e indonesios con moito poder adquisitivo aos que haberá que sumar as economías emerxentes e sobre todo a India en breve.
Os amarelos xa non quedan conformes coas algas. Lévannos tamén o polbo, o xamón, os pementos de Padrom e mesmo os grelos en lata. E por se fora pouco agora lévannos tamén o fútbol. Porque, a ver que lle digo eu ao meu xefe, tal como están as cousas, para que me de permiso para ir ao Estadio en horario laboral. O calendario marcado pola Liga de Fútbol Profesional CONTEMPLA partidos que empezan un Domingo ás 23 e rematan xa ben entrado o luns. E todo para que os Chineses o poidan ver en directo namentres comen no arros. A este paso, e co ritmo de deslocalizacións empresariais que levamos, imos chegar a unha sociedade etérea, na que formaremos parte dun mero decorado pretextado para que o mundo pareza grande e diverso. Un escenario de masas informes, case que inertes, coa única propiedade de ser capaces de sobrevivir e de consumir o xusto para que a vella maquinaria non chegue a pararse de todo.
Os clubs pagan fichas millonaria pensando na rendibilidade da súa imaxe nos fogares do novo teatro de consumidores masivos en crecemento exponencial. E digo eu, ¿somos masocas? Deixemos que sexan os chineses os que paguen os dereitos de emisións e retornen riqueza aos clubes a través da publicidade. Será entón cando os clubs contraten a presencia de siareiros en macro castings para que na China non vexan moito cemento nas gradas. Cando empecemos a cobrar por ir ao fútbol será o momento no que empezará a reverterse o ciclo económico, o punto de inflexión para que a vella e caduca Europa empece a recoller os brotes verdes que vaian desprezando os asiáticos.

SEGREGACIÓN NA ESPAÑA DO SÉCULO XXI

Publica La Voz de Galicia:

“El ministro Wert defiende la educación separada por sexos tras la decisión del Supremo
El Tribunal ha denegado las ayudas públicas a dos centros concertados que escolarizan a niños y niñas por separado

El ministro de Educación, Cultura y Deporte, José Ignacio Wert, ha manifestado su respeto a la decisión del Tribunal Supremo, que ha denegado el concierto a dos colegios cántabros por escolarizar separadamente a niños y niñas. «El Gobierno, como no puede ser de otra forma, respeta y acata las sentencias del Tribunal Supremo», dijo Wert. Sin embargo, el titular de Educación recordó que «hay que plantearse hasta que punto el argumento de que la educación diferenciada supone discriminación es un argumento compatible con la Convención de la Unesco que firmó España contra la discriminación en la enseñanza, en la que se sostiene que la educación diferenciada, siempre que no suponga una desigualdad de oportunidades para chicos y para chicas, no supone una forma de discriminación. Si no hay discriminación en función de esa educación diferenciada, no puede haber tampoco diferenciación en la aportación de fondos públicos», concluyó Ignacio Wert”.

Estas declaracións vindo dun Ministro, un cargo que responde ao mandato público para aplicar os valores da Constitución, tería de ser suficiente para removelo do seu posto. Son manifestacións que tristemente demostran ata que punto pode ser longo o efecto dunha guerra civil que enfrontou un modelo de convivencia baseado na igualdade de oportunidades con outro sectario, inspirado pola influencia interesada da oligarquía e a Igrexa. O golpe do 36 acabou coa Institución Libre de Enseñanza e a promoción cara á equiparación de dereitos das mulleres respecto dos homes. Daqueles pos veñen estes lodos. Se o ministro Wert e os pais dos colexios segregacionistas queren unha educación para os seus fillos sectaria, á marxe dos valores constitucionais, garantes da igualdade de dereitos, que a paguen sen detraer aínda por riba recursos públicos. Pero que saiban que van contra corrente no avance necesario nos aspectos de: promoción da muller a postos de responsabilidade e toma de decisións, na vida pública e na empresa; reparto máis equitativo da carga de traballo no fogar e na educación e coidado dos fillos; avance contra a cousificación da muller, o machismo, a sumisión, a violencia de xénero que ven da consideración social da muller como unha propiedade do home... O ministro Wert non da exemplo público ilustrativo dos valores de progreso na convivencia fluída e normalizada entre homes e mulleres desde a infancia que conveñen á sociedade para construírmos unha xuventude sá con convivencia plural fronte aos ghettos, para acabar con esas actitudes anacrónicas que aínda sobreviven en moitos ámbitos profesionais e sociais.
E agora que veñan e me declaren ilegal por facer estas declaracións, que é o que tentan facer nesta lexislatura coa diverxencia, ao rebufo da caza de bruxas levada a cabo nos EE.UU. contra todo o que se move. Xa empezara Aznar cando ilegalizou á esquerda abertzale coa axuda de George Bush naquel mandato no que conseguira que todo o mundo islámico puxera o foco en España.

martes, 7 de agosto de 2012

A NOSA SAÚDE, EN PERIGO LETAL?

Hoxe reanudáronse fenómenos de chorros masivos sobre a cidade da Coruña, Carral, Arteixo, Carballo e, xa pola tarde, sobre Sigüeiro e Santiago.

Algún dato:

-5 Voos dunha compañía irlandesa entre Canarias e as Illas Británicas e entre Irlanda e Faro e unha máis que opera desde Funchal deixan tras de si toneladas branquecinas que mudan o aspecto de todo o ceo.

-Ate catorce voos con orixe SUR e destino Oeste sen identificar, que NON APARECEN NOS RELATORIOS OFICIAIS DE TRÁFICO AEREO (MAPAS DE RADAR) deixan un rastro permanente á altura de Carral, que se convirte nunha nube inmensa e dispersa cubrindo a Coruña e as poboacións do golfo ártabro.

-Pola tarde seguen a entrar voos sen identificar que tampouco son recollidos polos radares ¿? deixando o mesmo rastro, a mesma estela ancha e permanente, dunha única liña, namentres ó seu carón, de cando en vez, un voo recollido polo mapa do radar deixa unha estela de vapor de dúas liñas que se esvaece axiña.


Temos que conseguir que alguén nos explique qué é o que están a soltar eses avións desde as súas bodegas, nalgúns casos baleiras de equipaxe para albergar tanques a saber con qué contidos.








martes, 24 de julio de 2012

La premonición disipada

2º fragmento de "Los gallegos". VV.AA., ediciones Istmo

"...La Edad Media siguió sobreviciendo en Galicia... ¿Es que después de lo pasado podía el pueblo vivir más que "a la defensiva"? Gloriosa defensiva, que al menos salvó la raza y el idioma primogénito del latín.
La sociedad tradicional sólo adquirió cohesión en el bloque campesino, que aglutinaba más de los dos tercios de la población total. El absentismo de los señores –con abandono de los pazos– en la Corte de los Reyes, por un lado. El dominio territorial de monasterios y abadías, hasta la Desamortización, por otro. Ambos fenómenos completaron –con la invención del foro como arma jurídica– el mecanismo de la postración rural. A donde no llegaba el foro con su laudemio llegaban el fisco, las oblatas, los derechos de estola y pie de altar, etc.
Y silenciosamente, el hambre. El hambre total, de alimentos y de oligoelementos, aparente y oculta. El hambre arrojando a los jóvenes a la emigración. Primero hacia ciudades de otras provincias de España, principalmente de Andalucía; también a Portugal. Después al Continente americano, adquiriendo ya dimensiones espectaculares en los siglos XIX y XX.
La imagen de una sociedad desangrada e indefensa se consolidó a lo largo de los siglos. Hasta el primer tercio del XX no llegó a imponerse la redención forzosa de los foros. De este mismo siglo es una estampa, que tiene por escenario a Compostela, y podría ilustrar cuanto veníamos contando:
Aún las recuas de mulos, cargadas de trigo, centeno, castañas, gallinas... entraban en otoño por las rúas hacia el pazo del forero. Alguna vez, el propio titular del señorío bajaba hasta el patio interior cuando llegaba la valleinclanesca embajada.
Xoan, el estoico Xoan, el foratario, mientras descargaba los sacos saludó al Marqués. Este quiso serle grato, y se interesó por el vivir de la aldea de donde aquél procedía.

–Hai, señor –contestó el recién llegado–, ¿sabe o que viña matinando pol-o camiño?
–Dime, hom...
–Mire. Ben fixo Deus en inventar as bestas, pois de outro xeito os señores ainda hoxe andarían a cabalo de nós.

jueves, 19 de julio de 2012

Fronte ao ruido e a vacuidade centralista excluinte

Cando a historia se repite e aflora con forza o abuso de poder, de posición dominante, cumpre volver a ler os clásicos, buscar nos feitos contrastados do pasado a razón do por que hai vítimas e verdugos, ricos e pobres, benditos e condenados. Imos transcribir por entregas as páxinas 45 a 54 dun libro imprescindible: “Los Gallegos”, VV.AA., ediciones Istmo. Trátase das primeiras páxinas aportadas nun estudio mais amplo por Valentín Paz Andrade sobre a sociedade galega. Dentro de un ano pediremos permiso para facer o mesmo a respecto da maxistral definición do Profesor Barreiro Fernández sobre a Historia política de Galicia.

Valentín Paz Andrade

La premonición disipada

En una ribera de la vieja Galicia la sociedad se retiró de la Historia. Lucía la mañana del diez de marzo de 1493. Poniendo proa a la entrada Sur, la Pinta ganaba la delantera a Colón en el retorno glorioso. Martín Alonso Pinzón la dejaba varada en la playa de Bayona. La noticia del descubrimiento de las Indias Occidentales nació así. Y nació aquí. Era la mayor novedad geopolítica de todos los tiempos. La más asombrosa y promisoria a la vez. La que habría de redimensionar el mundo de los espacios, los números y los mitos. Y también el destino de los pueblos.
Con ella la cintura del planeta ganaba de repente la curva que le faltaba. El arco iris de las razas humanas integraba sus pilares, completaba sus colores, acusaba sus términos más recónditos bajo penetrante luz. Una nueva armonía de tierras y mares, de etnias y áreas, de creencias y lenguas comenzó a surgir. No por prematura emanación de sueños, , sino para asociarse, más tarde o más temprano, al destino de los hombre.
Aquí, pues, en la tierra que pisamos, dentro del rigor cronológico se sepultó la Edad Media. ¡Qué deslumbrante anunciación parecía encerrarse en la semiología del evento! Después de la rotura del himen occidental, venían tiempos inéditos. Todo tendría que cambiar. Y en primera instancia para las viejas sociedades tradicionales. Especialmente las que resultaran más o menos directamente implicadas en la órbita de aquel macrogiro de la historia.
Aquella fue la fabulosa premonición para el despegue y el auge. La premonición disipada.

Las cosas no estaban de ser. Para Galicia, se entiende. A pesar del sesgo estelar advenido, no estaban de ser. Galicia ya no era el reino soberano que fuera con los suevos. Ni el menos pleno que fuera reconstituido, con estructura feudal, en el prólogo de la Reconquista. El que desgajara su cuerpo en dos, para dar nacimiento, en 1139, al Reino de Portugal. Era, en realidad, una sombra mutilada y convaleciente de su pasada grandeza. Recia pero vetusta sociedad tradicional, sin influjo ni poder para ejercer las opciones del cambio sociopolítico. Mucho menos del trueque de soberanías.
Sociedad de bajo, aunque ilustre índice urbano. Población rural ultramayoritaria. Marinería gremial . Sobre esta debilidad constitutiva, sociedad traumatizada por un siglo de guerras entre el pueblo y el poder. Campesinos y menestrales de un lado -los irmandiños del “Deus Fratesque Gallecia”- y de otro el dominio feudal, compartido por las almenas y las mitras. Aliados, y también en ocasiones enemigos.
Fueron aquellas las primeras rebeliones civiles por la libertad de la tierra de que un lugar de Europa fue escenario. Campañas dolorosamente perdidas por las milicias del pueblo, pero tampoco ganadas por los nobles, frente a cuya altanería no habría de tardar en alzarse la horca de los Reyes Católicos. Y mucho más aún. Todo el aparato de “doma y castración” del país, según historió Zurita.


(Continuará en la página 54)

martes, 3 de julio de 2012

O peso do xuízo crítico

Debo de estar brando de máis outra vez. O caso é que non estou preparado para asimilar unha sucesión de toma de decisións anunciadas nos medios á hora de xantar:

Noticias:

–“suprímese a merenda dos presidiarios nos cárceres de Cataluña por mor dos recortes”.
E medio minuto despois.
–“novas dotacións médico-cirúrxicas para atender aos accidentados nos encierros de San Fermín”.

O sufrido lector de novas aparecía de traxe e garabata e sen suar namentres anunciaba temperaturas de corenta e dous graos á sombra. Pouco exemplar que nesta Europa ancorada no pasado non se poña en práctica un uso da vestimenta no Parlamento, nos estudios dos medios de comunicación, na banca e nas empresas, no comercio unha vestimenta que sen deixar de ser elegante non precise dun consumo en aire acondicionado anti-ecolóxico. Neste tema os australianos amosa moito máis sentidiño.

“O consumo eléctrico acadou un máximo histórico onte, coincidindo cunha vaga de calor sahariano que disparou o consumo de aire acondicionado nas grandes cidades do centro e sur da península. O encendido das casetas da feira de Abril está, sen embargo, asegurado ”.

“Os galegos pagan a luz máis cara que o resto de cidadáns españois na comunidade máis excedentaria en produción e exportadora neta”.

“O prezo do gasóleo é mais elevado a 300 metros da Refinería de A Coruña que nas entradas a Madrid”.

“O sector leiteiro galego condenado a desaparecer. Os galegos cobran por baixo do custe de produción e non teñen capacidade de negociación nun sector dominado polo capital foráneo que converte un 20% do leite galego en procesados e estrangula o sector inundando co seu propio leite o mercado a partir dun trato arancelario de favor e tamén de parte das súas propias puntas de lanza, as grandes superficies de capital foráneo.”

En fin, logo din que ser nacionalista é pecado. No caso dos galegos a cousa xa ven da época romana, sueva, visigótica, os reis de Oviedo e de Castela, o Arcebispado armado e os monacatos cos seus señoríos ou máquinas recadatorias, parte da “nobreza” que nos mataba á fame para poder manter máis infantería, a monarquía de Castela mandando arrincar as nosas cepas, as nosas oliveiras... prohibindo aos nosos portos o tráfico comercial con América... Logo galegos do século XX remataron o proceso da nosa colonización. Por iso, o nacionalismo no caso dos galegos non é excluínte, case que nin é reivindicativo de ningún feito diferencial en moitos casos... só é unha cuestión última de defensa persoal. E que non nos digan que temos que pedir disculpas por ilo nós, que históricamente vimos recibindo paus durante os últimos dous milenios.

miércoles, 27 de junio de 2012

Optimizar os custos da recollida do lixo

Tendo en conta que a maioría da xente pode encher o contido das bolsas do lixo -orgánico e inorgánico- nun período non menor que o de 48 horas- cumpriría debater sobre a conveniencia de axustar a recollida do lixo aos LUNS-MÉRCORES-VENRES e SÁBADOS sen que a calidade e volume da prestación se resinta.
Para ilo será precisa a implicación e o espírito cívico dos cidadáns, que non baixarían o lixo máis ca nos devanditos días. A fórmula foi posta en práctica con éxito nos países europeos máis desenvolvidos, co efecto secundario ademais dun mellor comportamento e xuízo crítico á hora de mercar produtos que teñan menos soporte de materia inorgánica e tamén na racionalización das cantidades de comida adquirida. Non se pode obviar que en España tírase unha media de 179 quilos de comida por persoa e ano. Agora tócalle ás corporacións locais facer probas.

viernes, 18 de mayo de 2012

Galiza está a ser fumigada ¿con qué?

Si, xa sei que o paro leva á depresión a centos de milleiros de españois, especialmente aos que teñen fillos que coidar. Sei que a realidade económica ten ingredientes dabondo para concitar toda a nosa atención. Sen embargo estamos a alertar de algo que non é ciencia ficción. En Arxentina, África, algúns estados de U.S.A. e agora tamén en Europa vanse multiplicar situacións de hambruna, desertización, cancro, alzheimer.
En artigos anteriores facilitábamos o enlace para ver “Que é o que están a fumigarnos desde avións a reacción?”, de Michael Murphy. O goberno arxentino xa está emprendendo accións legais. Estase a intentar levar o asunto ao Congreso dos EE.UU. E a Bruxelas. Mentres tanto continúan as fumigacións de aluminio e bario por parte dunha multinacional que vende as únicas sementes resistentes a solos contaminados por eses metais pesados. Hai estudantes de periodismo investigando as conexións desas multinacionais co poder e con outras grandes empresas de sectores dispares. Todo isto pode levar tempo. Entrementres mandaremos unha invitación á Xunta e á Facultade de Química de Santiago para que analicen o chan agrícola do corazón de Galicia. Onte viaxei por el, e poiden ver que durante toda a tarde estiveron fumigando a grande altura. As estelas non desapareceran do ceo ate catro horas despois, cando anoitecía, e delas desprendíase un un xeito de sábena fina como de po que, no luscofusco e nun día despexado como poucos foi cubrino o ceo da noitiña nun mar inquietante dunha calima entre branca e prateada. Cheiraba a algo que non souben identificar. Non quero prexulgar pero estou preocupado pola nosa saúde, polo noso futuro. Chamamos a varias portas pero a todos lle parece ciencia ficción. Agardemos non reaccionar demasiado tarde. PARA SABER MÁIS

jueves, 10 de mayo de 2012

SOS GALICIA. EMPEZARON A ENVENENARNOS

Cumpre a mobilización popular e a loita nos parlamentos, diplomática e nos tribunais da nosa clase política.

ENLACE



Temos que reaccionar denantes que sexa demasiado tarde. Os EE.UU. Non subscriben o tratado de Kyoto e pensan que poden deter o incremento da temperatura media -que agora si xa está ocasionando un balance de perdas ao seu propio Tesouro a pesares das ganancias hipermillonarias das petroleiras- cun paraugas de aluminio, estroncio e bario inxectado nas capas altas da atmosfera que nun prazo de dous anos -calculan- bloqueará a irradiación solar, pero que o único que vai conseguir e alterar máis o clima bloqueando a normal circulación dos ventos e provocando secas desertizadoras en África, Sudamérica, amplas zonas de Eurasia... e gotas frías e inundacións catastróficas en medio mundo.
Pero a razón máis espuria, grave e respondendo á visión cortoprazista nesta estratexia levada a cabo de xeito confidencial por unha empresa de biotecnóloxía americana que ten no accionariado entre outros a Bill Gates e a senadores USA e que actúa con connivencia e a complicidade de case que toda a clase política da República Federal, é a acción combinada de alterar o ph da terra para que ningunha semilla que non sexa a tranxénica que eles producen poida prosperar nun chan que ten alterado hasta un incremento de 1x65.000 o contido en alumninio, altamente canceríxeno.
Temos que presionar para levar este asunto ao Parlamento Galego, ao Español, e esixir que esas fumigacións que ocasionan choiva ácida e matan lentamente toda forma de vida por aluminose cesen en todo o mundo, e por suposto non prosperen tampouco na nosa terra.

Adxunto fotos sacadas hoxe, día 10 de Maio, en Santiago por Sergio Casal. A estela dos chorros dos reactores non desaparece senón que se dispersa e tinxe dunha néboa brillante e branquecina o ceo. Para saber máis, pulsade o enlace. Hai implicacións económicas que tocan á metade das empresas de alimentación españolas, participadas polos que mandan fumigar merda canceríxena para logo monopolizar a venda de semillas resistentes ao aluminio. Se non actuamos, imos cara a un holocausto.


jueves, 3 de mayo de 2012

Contra a fumigación química con intereses espurios

Cumpre unha mobilización solidaria que faga entrar no debate parlamentar con transparencia o camiño emprendido pola biotecnoloxía, e evitar a deriva do avance científico e tecnolóxico fora do control dos interventores sociais, da conveniencia pública e ao servizo de intereses empresariais moi concretos e privados que atopan en políticos corruptos conivencia e patente de corso.

ENLACE
¿Con que carallo nos fumigan desde avións a chorro?

domingo, 15 de abril de 2012

O proxecto HAARP: Máquinas para modificar e controlar o clima

“...un billón de ondas de radio de alta frecuencia las cuales penetran en la atmósfera inferior e interactúan con la corriente de los elecrojets aureales”.


“...El HAARP actuaría como un gran calentador ionosférico, el más potente del mundo. En este sentido podría tratarse de la más sofisticada arma geofísica construida por el hombre.”

“...HAARP con sus cientos de millones de vatios de potencia y antenas se puede considerar como un verdadero "calefactor" de la alta atmósfera, provocando una tremenda ionización que puede acarrear consecuencias imprevisibles, y que gracias a su efecto "espejo" podría dirigir sus efectos hacia cualquier zona del planeta. Estaríamos hablando de un nuevo tipo de arma, capaz de intensificar tormentas, prolongar sequías, sobre territorio de un supuesto enemigo, y perjudicándolo sin que este se diera cuenta sin mas … ¿ ficción ?.”


“...l proyecto será probablemente "vendido" al público como un escudo espacial contra la entrada de armas al territorio nacional o, para los más ingenuos, como un sistema para reparar la capa de ozono".”


“...Uno de los objetivos del HAARP es modular las corrientes del electrojet y así afectar a la intensidad y dirección de os vientos zonales y del chorro.
Por otra parte, el poder “calentar” ciertas zonas hostiles del globo podría generar las condiciones meteorológicas para producir sequías.
Deberemos estar pendientes de este proyecto enigmático. Se preveé que en Groenlandia y Noruega se instalen o se hayan instalado nuevas antenas dentro del proyecto HAARP. En otras islas del Pacífico se supone que se han instalado otras tantas antenas del proyecto HAARP.”




PARA SABER MÁIS

sábado, 14 de abril de 2012

O rei cazador ou Historia dun anacronismo

As axencias internacionais loan a condición de gran cazador, acaparador de premios, do Borbón. Eu admiro a súa capacidade para metabolizar os infortunios: non lle da carraxe o manexo das armas mesmo despois de matar por accidente, pensando que a pistola non tiña balas, ao seu irmán de quince anos cando el tiña dezaoito. Os seus problemas co equilibrio na práctica do esquí, a vela e a caza, as súas visitas repetidas ao quirófano non o teñen amilanado -para él non obran os nove días de ausencia ao “traballo” como causa de despido nin o gasto sanitario ocasionado ao sistema por prácticas de risco- , e segue a executar perdices bermellas en Castela, osos nos Balcanes e elefantes en Botsuana, facendo os descansos pertinentes nunha cadeira ergonómica, no que constitúe unha actuación tan anacrónica como pouco exemplarizante.
O rei do Reino de España, imposto polo golpista Francisco Franco, e ademais defensor militante da “Festa” dos touros, e nesta época de profunda crise económica proclama de xeito reiterativo que somos un gran país con capacidade para saírmos adiante grazas á nosa cohesión social e ao mesmo tempo mantén o ton de hedonismo elitista con un secretismo vergoñento que só os accidentes desbaratan. Sen embargo, unha gran parte da poboación española e herdeira da propaganda que a Igrexa e a nobreza exerceron durante séculos nas conciencias ate inculcar no vulgo a convicción de que os reis son unha especie de representación divina na terra e están por riba do ben e do mal. Para esa masa acrítica un cidadán raso putero correspóndese cun monarca que exerce un dereito de pernada para o desafogo das múltiples responsabilidades; o tráfico de influencias dulcifícase como unha estampa de preocupación pola familia e a inmunidade fronte á acción da xustiza é un grao de distinción na pirámide do poder.

martes, 10 de abril de 2012

Sempre se matan os mesmos para que manden os de sempre

“O oficio máis antigo do mundo”

O próximo capítulo de recortes vai afectar, aínda máis, á sanidade e á educación. Mellorar a xestión tería de ser un obxectivo con retorno de recursos moi precisos nas dúas areas: debería supor destinar os cartos aforrados a reducir as listas de espera, recargar as actividades complementarias no ensino, retomar a senda do I+D+I, perseguir a excelencia, desenvolver a lei de dependencia, protexer o exercicio profesional das mulleres que dan a luz para que se poidan sentir “auténticamente persoas”, máis aló do cinismo do Gallardón e do seu goberno que da curso legal ao despido procedente por faltar nove días ao traballo aínda que sexa por enfermidade grave das criaturas polas que tanto din preocuparse... retorno de recursos para levar a cabo os sempre pendentes plans de inserción laboral para titulados de F.P. mediante convenios coas empresas...
O PP faría mellor, se non quere ser un goberno provisional, recabando o diñeiro que necesita para pagar os intereses da débeda incrementando xa dunha santa vez a imposición fiscal sobre as grandes fortunas. É de tal dimensión a capacidade de acumulación dun censo de cinco milleiros de grandes ricos en España que aplicar sobre as súas rendas un tipo proporcional e axeitado non afectaría ao seu patrimonio e moito menos aos fluxos de necesaria reinversión de parte dos dividendos en Innovación. ¡Se mesmo os plutócratas en USA e Francia veñen demandando aos seus gobernos que lles fagan tributar máis!
Detrás de todo este despropósito, detrás do recurso fácil da conxelación dos salarios de supervivencia, segue a pesar o medo das autoridades monetarias á fuga de capitais e tamén os intereses espurios por favorecer á teta que lles dará leite se deixan a función pública -moitas veces mesmo antes de deixala-. Por iso o esforzo económico seguen a soportalo as clases medias, o proletariado, namentres os acaparadores viven nun xardín das delicias nun escenario que contempla a pervivencia obscena de paraísos fiscais, apalancamento das divisas, axencias de valoración ao servizo dos especuladores e reservas federais dándolle ao fabriquín do diñeiro segundo o precisa o oficio máis antigo do mundo: a usura.
Por iso os discursos dos séculos XIX e XX quedan obsoletos. O mundo é dos especuladores e ao rebufo das súas operacións e enroques os cidadáns rasos non temos capacidade para mudar as cousas por vía pacífica nin tampouco a través de revolucións sanguentas, nas que sempre se matan os mesmos para que sigan a mandar os de sempre.

miércoles, 4 de abril de 2012

Xente boa e xente ruín

O PP saca da chistera a lei de transparencia e ao mesmo tempo concede amnistía fiscal aos defraudadores. ¡PARADOXAL! Argumentan que xa se ten feito en outros países, como se todo o que se inventa fora teña que ser bo. Aos rufiáns compénsalles estar fora da lei, porque estas amnistías repítense cíclicamente. Aquí a clase media, o proletariado son os que máis pagan. As Sicav consiguen que os podres de diñeiros tributen un 1%. Tamén lle compensa aos Mata, Conde ou Untangarín pasar uns anos en reximes penitenciarios de privilexio, co seu móvil, acceso a internet, Moët Chandom e a pasta a bo recaudo para cando saian.
Coas tentacións que o sistema ofrece para vivir no luxo oriental roubando, facendo trampas ou abusando da posición dominante só queda concluír que o quid da cuestión reside en ser boa ou mala xente; ter compromiso co entorno ou vivir de costas aos problemas alleos. Así, por un lado temos aos herdeiros do principado monegasco, levando unha vida de despilfarro polas boites de medio mundo e logo aparecendo cos negriños africanos para lavar a súa imaxe pública. Como tamén ten feito o príncipe Harry, facendo equilibrios entre a manifestación filonazi, as borracheiras orgiásticas e o servizo esforzado á patria cos seus desexos declarados de entrar en combate. As finas damiselas que deron nivel para a presencia en papel cuché occidental dos tiranos do norte de África e de Siria gustaban de estar a última vestidas con trapos millonarios e coleccionando compulsivamente obxectos de luxo mentres os súbditos morrían de fame. A calaña que desde posicións de privilexio se sente inmune manda aos avogados aos tribunais públicos para que digan: “se o meu cliente cometeu algún erro, pedirá perdón e punto (abogado de Urtangarín)”. Por aló arriba, nas altas esferas, teñen una sensación de estar por riba do ben e do mal que heredan de moitos anos en que os poderosos teñen formado un búnquer clientelar. Pois o tráfico de influencias, a escala, tamén está detrás do mal exemplo do rei -por moito que se desmarcara do xenro- cando lle di nunha cea na súa casa a un directivo de Caixa Cataluña: "-oes fulanito, ¿non terás un chollo en Barcelona para a filla maior. E que anda aburrida-". Aquel luns seguinte chamárona para que se fixera cargo da Obra Social en Barcelona cun salario ben importante que para seguir cobrando fixo preciso que viaxara desde Washington a Barcelona de cando en vez a inaugurar algunha cousa.
En fin, para ser íntegro fan falla outras demostracións, outros exemplos de vida. Como o de Dominique Lapierre, que venceu por dúas veces ao cancro porque, como él di, “teño que seguir escribindo best sellers para cos dividendos poder seguir salvando vidas na India e axudar a levantar escolas, hospitais, microempresas...” Como os exemplos de Vicente Ferrer, de centos e miles de voluntarios para os bancos de alimentos e a intervención humanitaria, na que se destacan médicos coruñeses que aproveitan o período de vacacións para operar onde son máis precisos, ou os de tantos cidadáns humildes e anónimos que sentan na súa mesa a veciños caídos en desgraza, cando non lles mandan unha caixiña con garabanzos, chourizo e o que poden para que os cativos non se decaten de moito, na medida do posible. Como tamén fan nos comedores sociais en Vigo, onde os camareros fan a representación de ensinar o menú nunha simulación de carta.
A sociedade dará un exemplo de madurez cando se veña abaixo a audiencia de programas que dan protagonismo á cona de Paris Hilton, ao “probe” Ortega Cano ou as paiasadas do Mouriño e medre o interese polo debate construtivo que nos faga máis cultos e preparados para botar dos postos de responsabilidade aos tahúres. Porque só unha sociedade con formación e cultura pode saír deste pozo. O poder quere estupidizarnos cos opios de sempre. Pero hai vida máis aló do fútbol e as telenovelas. E para cando nos apeteza festa, ¡bailaremos ao noso son, ao son de Oleiros, e non ao que nos queiran marcar desde a trastenda do poder!.

martes, 3 de abril de 2012

A dimisión dun periodista

O déficit democrático na sociedade española en xeral e na galega en particular caracterízase por unha dinámica expresiva, un tempo, una comunicación xestual e mesmo unha ausencia de comunicación como factores de sinalización que non escapan aos ollos dos que vivimos a realidade con ollo crítico.
A dimisión de Hermida na TVG por razóns persoais segundo as versións que transcenden ao público é un deses fitos que vocean unha situación de mordaza real que veñen vivindo os periodistas das canles públicas cando queren ser sensibles aos problemas que os cidadáns viven a diario vítimas do abuso da posición dominante do gran capital, das entidades financieiras, das compañías eléctricas, da telefonía... coa conivencia da Administración. A falta de independencia na profesión periodística é aínda máis dura de sobrelevar desde posicións individuais nas que só debe mandar o código deontolóxico e o dereito a informar, e alleas a ligazóns con empresas sectoriais e sectarias. Mais o certo é que os tentáculos do poder son longos, e establecen incentivos no cumio da pirámide das organización e ameazas de despido ou postergación para a base diverxente. Diñeiro versus medo. É unha vella historia que cando se produce nunha suposta democracia ten a gravidade de dar curso legal a un sistema encuberto de censura e falta de liberdade real, e accesos viciados ás versións oficiais.

lunes, 2 de abril de 2012

UN XEITO DE ASASINATO

Non hai pena, nin castigo nin penitencia que restitúan o valor do patrimonio natural destruído por un incendio. Os lumes provocados son un atentado contra a sostemento da vida e contra os inquilinos actuais do planeta pero tamén contra as xeracións futuras, ás que estamos legando un panorama de incerteza total.
Os intereses do curto prazo que caracterizan ao sistema capitalista propician a sobreexplotación dos recursos dispoñibles, a dependencia de enerxías sucias e perigosas, o cambio climático, a manipulación xenética nos cultivos, a desertización, inundacións, tormentas descomunais pola actuación sobre a circulación de masas de ar... Por se non fora de abondo, está a acción dos pirómanos respondendo a unha serie de motivacións espurias.
Algo se ten avanzado en elementos disuasorios fronte ao interese por queimar: en política de prezos da madeira, en concentracións parcelarias e redistribución do mapa de bancos de terra forestal, gandeira e agrícola... Pero queda moito por facer: vertebrar inmensos espazos rurais despoboados mediante políticas de incentivos aos asentamentos novos, avanzar en procesos de man común, reforzar a educación, poñer en valor o bosque e, ao fin, unha lexislación máis dura e, sobre todo, con penas para ser cumpridas. Porque queimar o monte e un xeito de asasinato.

Libre asociación en Arteixo para celebrar o San Xoan?

¿Vivimos nun Estado democrático?   Un grupo de veciños de Arteixo unidos pola súa ideoloxía (materializada nos proxectos de Alternativa dos ...