© blog: Son de Oleiros

viernes, 18 de mayo de 2012

Galiza está a ser fumigada ¿con qué?

Si, xa sei que o paro leva á depresión a centos de milleiros de españois, especialmente aos que teñen fillos que coidar. Sei que a realidade económica ten ingredientes dabondo para concitar toda a nosa atención. Sen embargo estamos a alertar de algo que non é ciencia ficción. En Arxentina, África, algúns estados de U.S.A. e agora tamén en Europa vanse multiplicar situacións de hambruna, desertización, cancro, alzheimer.
En artigos anteriores facilitábamos o enlace para ver “Que é o que están a fumigarnos desde avións a reacción?”, de Michael Murphy. O goberno arxentino xa está emprendendo accións legais. Estase a intentar levar o asunto ao Congreso dos EE.UU. E a Bruxelas. Mentres tanto continúan as fumigacións de aluminio e bario por parte dunha multinacional que vende as únicas sementes resistentes a solos contaminados por eses metais pesados. Hai estudantes de periodismo investigando as conexións desas multinacionais co poder e con outras grandes empresas de sectores dispares. Todo isto pode levar tempo. Entrementres mandaremos unha invitación á Xunta e á Facultade de Química de Santiago para que analicen o chan agrícola do corazón de Galicia. Onte viaxei por el, e poiden ver que durante toda a tarde estiveron fumigando a grande altura. As estelas non desapareceran do ceo ate catro horas despois, cando anoitecía, e delas desprendíase un un xeito de sábena fina como de po que, no luscofusco e nun día despexado como poucos foi cubrino o ceo da noitiña nun mar inquietante dunha calima entre branca e prateada. Cheiraba a algo que non souben identificar. Non quero prexulgar pero estou preocupado pola nosa saúde, polo noso futuro. Chamamos a varias portas pero a todos lle parece ciencia ficción. Agardemos non reaccionar demasiado tarde. PARA SABER MÁIS

jueves, 10 de mayo de 2012

SOS GALICIA. EMPEZARON A ENVENENARNOS

Cumpre a mobilización popular e a loita nos parlamentos, diplomática e nos tribunais da nosa clase política.

ENLACE



Temos que reaccionar denantes que sexa demasiado tarde. Os EE.UU. Non subscriben o tratado de Kyoto e pensan que poden deter o incremento da temperatura media -que agora si xa está ocasionando un balance de perdas ao seu propio Tesouro a pesares das ganancias hipermillonarias das petroleiras- cun paraugas de aluminio, estroncio e bario inxectado nas capas altas da atmosfera que nun prazo de dous anos -calculan- bloqueará a irradiación solar, pero que o único que vai conseguir e alterar máis o clima bloqueando a normal circulación dos ventos e provocando secas desertizadoras en África, Sudamérica, amplas zonas de Eurasia... e gotas frías e inundacións catastróficas en medio mundo.
Pero a razón máis espuria, grave e respondendo á visión cortoprazista nesta estratexia levada a cabo de xeito confidencial por unha empresa de biotecnóloxía americana que ten no accionariado entre outros a Bill Gates e a senadores USA e que actúa con connivencia e a complicidade de case que toda a clase política da República Federal, é a acción combinada de alterar o ph da terra para que ningunha semilla que non sexa a tranxénica que eles producen poida prosperar nun chan que ten alterado hasta un incremento de 1x65.000 o contido en alumninio, altamente canceríxeno.
Temos que presionar para levar este asunto ao Parlamento Galego, ao Español, e esixir que esas fumigacións que ocasionan choiva ácida e matan lentamente toda forma de vida por aluminose cesen en todo o mundo, e por suposto non prosperen tampouco na nosa terra.

Adxunto fotos sacadas hoxe, día 10 de Maio, en Santiago por Sergio Casal. A estela dos chorros dos reactores non desaparece senón que se dispersa e tinxe dunha néboa brillante e branquecina o ceo. Para saber máis, pulsade o enlace. Hai implicacións económicas que tocan á metade das empresas de alimentación españolas, participadas polos que mandan fumigar merda canceríxena para logo monopolizar a venda de semillas resistentes ao aluminio. Se non actuamos, imos cara a un holocausto.


jueves, 3 de mayo de 2012

Contra a fumigación química con intereses espurios

Cumpre unha mobilización solidaria que faga entrar no debate parlamentar con transparencia o camiño emprendido pola biotecnoloxía, e evitar a deriva do avance científico e tecnolóxico fora do control dos interventores sociais, da conveniencia pública e ao servizo de intereses empresariais moi concretos e privados que atopan en políticos corruptos conivencia e patente de corso.

ENLACE
¿Con que carallo nos fumigan desde avións a chorro?

Libre asociación en Arteixo para celebrar o San Xoan?

¿Vivimos nun Estado democrático?   Un grupo de veciños de Arteixo unidos pola súa ideoloxía (materializada nos proxectos de Alternativa dos ...