© blog: Son de Oleiros

miércoles, 27 de junio de 2012

Optimizar os custos da recollida do lixo

Tendo en conta que a maioría da xente pode encher o contido das bolsas do lixo -orgánico e inorgánico- nun período non menor que o de 48 horas- cumpriría debater sobre a conveniencia de axustar a recollida do lixo aos LUNS-MÉRCORES-VENRES e SÁBADOS sen que a calidade e volume da prestación se resinta.
Para ilo será precisa a implicación e o espírito cívico dos cidadáns, que non baixarían o lixo máis ca nos devanditos días. A fórmula foi posta en práctica con éxito nos países europeos máis desenvolvidos, co efecto secundario ademais dun mellor comportamento e xuízo crítico á hora de mercar produtos que teñan menos soporte de materia inorgánica e tamén na racionalización das cantidades de comida adquirida. Non se pode obviar que en España tírase unha media de 179 quilos de comida por persoa e ano. Agora tócalle ás corporacións locais facer probas.

Libre asociación en Arteixo para celebrar o San Xoan?

¿Vivimos nun Estado democrático?   Un grupo de veciños de Arteixo unidos pola súa ideoloxía (materializada nos proxectos de Alternativa dos ...