© blog: Son de Oleiros

viernes, 31 de agosto de 2012

Seguen a envelenarnos con aluminio.

Non é que os Monopolios da biotecnoloxía preparen o terreo para o progreso exclusivo das súas patentes. Non é que as especies de maínzo que resisten os pesticidas e herbicidas neurotóxicos -que acaban coas abellas- sexan ás únicas que han progresar nese medio co PH alterado. É que ademais os chemtrails desfan as nubes que cargan auga antes de que chova. Están a usar o cambio climático coma un arma de guerra e tamén como unha oportunidade de negocio a partir de patentar a vida.
Hoxe novamente levamos 12 horas en Oleiros sufrindo o peinado de avións cuxos orixe e destino o radar non especifica deixando o ceo cuberto de nubes de pó que logo cae pouco a pouco durante horas. Sen novas das autoridades ás que lle temos mandado solicitudes de explicacións. Non é nada novo, considerando que España segue a ser o único país europeo no que os cultivos transxénicos medran exponencialmente.

jueves, 23 de agosto de 2012

A INVASIÓN DO PODER AMARELO

O empresariado español vive en España expatriado. O chan das súas conquistas, dos seus desvelos, da súa interacción cos consumidores que xeran riqueza ao seu espírito emprendedor está agora en Asia. Vivir en España é un retiro para comer, tomar o sol e no perder os costumes. Pero as decisións estratéxicas veñen ditadas por 1.300 millóns de chineses, sen esquecer outros catrocentos millóns da suma de xaponeses e indonesios con moito poder adquisitivo aos que haberá que sumar as economías emerxentes e sobre todo a India en breve.
Os amarelos xa non quedan conformes coas algas. Lévannos tamén o polbo, o xamón, os pementos de Padrom e mesmo os grelos en lata. E por se fora pouco agora lévannos tamén o fútbol. Porque, a ver que lle digo eu ao meu xefe, tal como están as cousas, para que me de permiso para ir ao Estadio en horario laboral. O calendario marcado pola Liga de Fútbol Profesional CONTEMPLA partidos que empezan un Domingo ás 23 e rematan xa ben entrado o luns. E todo para que os Chineses o poidan ver en directo namentres comen no arros. A este paso, e co ritmo de deslocalizacións empresariais que levamos, imos chegar a unha sociedade etérea, na que formaremos parte dun mero decorado pretextado para que o mundo pareza grande e diverso. Un escenario de masas informes, case que inertes, coa única propiedade de ser capaces de sobrevivir e de consumir o xusto para que a vella maquinaria non chegue a pararse de todo.
Os clubs pagan fichas millonaria pensando na rendibilidade da súa imaxe nos fogares do novo teatro de consumidores masivos en crecemento exponencial. E digo eu, ¿somos masocas? Deixemos que sexan os chineses os que paguen os dereitos de emisións e retornen riqueza aos clubes a través da publicidade. Será entón cando os clubs contraten a presencia de siareiros en macro castings para que na China non vexan moito cemento nas gradas. Cando empecemos a cobrar por ir ao fútbol será o momento no que empezará a reverterse o ciclo económico, o punto de inflexión para que a vella e caduca Europa empece a recoller os brotes verdes que vaian desprezando os asiáticos.

SEGREGACIÓN NA ESPAÑA DO SÉCULO XXI

Publica La Voz de Galicia:

“El ministro Wert defiende la educación separada por sexos tras la decisión del Supremo
El Tribunal ha denegado las ayudas públicas a dos centros concertados que escolarizan a niños y niñas por separado

El ministro de Educación, Cultura y Deporte, José Ignacio Wert, ha manifestado su respeto a la decisión del Tribunal Supremo, que ha denegado el concierto a dos colegios cántabros por escolarizar separadamente a niños y niñas. «El Gobierno, como no puede ser de otra forma, respeta y acata las sentencias del Tribunal Supremo», dijo Wert. Sin embargo, el titular de Educación recordó que «hay que plantearse hasta que punto el argumento de que la educación diferenciada supone discriminación es un argumento compatible con la Convención de la Unesco que firmó España contra la discriminación en la enseñanza, en la que se sostiene que la educación diferenciada, siempre que no suponga una desigualdad de oportunidades para chicos y para chicas, no supone una forma de discriminación. Si no hay discriminación en función de esa educación diferenciada, no puede haber tampoco diferenciación en la aportación de fondos públicos», concluyó Ignacio Wert”.

Estas declaracións vindo dun Ministro, un cargo que responde ao mandato público para aplicar os valores da Constitución, tería de ser suficiente para removelo do seu posto. Son manifestacións que tristemente demostran ata que punto pode ser longo o efecto dunha guerra civil que enfrontou un modelo de convivencia baseado na igualdade de oportunidades con outro sectario, inspirado pola influencia interesada da oligarquía e a Igrexa. O golpe do 36 acabou coa Institución Libre de Enseñanza e a promoción cara á equiparación de dereitos das mulleres respecto dos homes. Daqueles pos veñen estes lodos. Se o ministro Wert e os pais dos colexios segregacionistas queren unha educación para os seus fillos sectaria, á marxe dos valores constitucionais, garantes da igualdade de dereitos, que a paguen sen detraer aínda por riba recursos públicos. Pero que saiban que van contra corrente no avance necesario nos aspectos de: promoción da muller a postos de responsabilidade e toma de decisións, na vida pública e na empresa; reparto máis equitativo da carga de traballo no fogar e na educación e coidado dos fillos; avance contra a cousificación da muller, o machismo, a sumisión, a violencia de xénero que ven da consideración social da muller como unha propiedade do home... O ministro Wert non da exemplo público ilustrativo dos valores de progreso na convivencia fluída e normalizada entre homes e mulleres desde a infancia que conveñen á sociedade para construírmos unha xuventude sá con convivencia plural fronte aos ghettos, para acabar con esas actitudes anacrónicas que aínda sobreviven en moitos ámbitos profesionais e sociais.
E agora que veñan e me declaren ilegal por facer estas declaracións, que é o que tentan facer nesta lexislatura coa diverxencia, ao rebufo da caza de bruxas levada a cabo nos EE.UU. contra todo o que se move. Xa empezara Aznar cando ilegalizou á esquerda abertzale coa axuda de George Bush naquel mandato no que conseguira que todo o mundo islámico puxera o foco en España.

martes, 7 de agosto de 2012

A NOSA SAÚDE, EN PERIGO LETAL?

Hoxe reanudáronse fenómenos de chorros masivos sobre a cidade da Coruña, Carral, Arteixo, Carballo e, xa pola tarde, sobre Sigüeiro e Santiago.

Algún dato:

-5 Voos dunha compañía irlandesa entre Canarias e as Illas Británicas e entre Irlanda e Faro e unha máis que opera desde Funchal deixan tras de si toneladas branquecinas que mudan o aspecto de todo o ceo.

-Ate catorce voos con orixe SUR e destino Oeste sen identificar, que NON APARECEN NOS RELATORIOS OFICIAIS DE TRÁFICO AEREO (MAPAS DE RADAR) deixan un rastro permanente á altura de Carral, que se convirte nunha nube inmensa e dispersa cubrindo a Coruña e as poboacións do golfo ártabro.

-Pola tarde seguen a entrar voos sen identificar que tampouco son recollidos polos radares ¿? deixando o mesmo rastro, a mesma estela ancha e permanente, dunha única liña, namentres ó seu carón, de cando en vez, un voo recollido polo mapa do radar deixa unha estela de vapor de dúas liñas que se esvaece axiña.


Temos que conseguir que alguén nos explique qué é o que están a soltar eses avións desde as súas bodegas, nalgúns casos baleiras de equipaxe para albergar tanques a saber con qué contidos.








Libre asociación en Arteixo para celebrar o San Xoan?

¿Vivimos nun Estado democrático?   Un grupo de veciños de Arteixo unidos pola súa ideoloxía (materializada nos proxectos de Alternativa dos ...