© blog: Son de Oleiros

miércoles, 15 de enero de 2014

Guardaos de los idus de Marzo



A la clase política española, la que está en las alturas parapetada en su mundo de yuppie: ¡guardaos de los idus de Marzo!. El pueblo está empezando a dar una respuesta adecuada a los asuntos que le tocan de lleno y sin dejar a salvo ninguna puerta. A los burgaleses suburbiales les ha urgado si cabe más en la herida del pasado, revivida cada día durante los últimos cuarenta años, que intenten hacer negocio con su asfixia y con su insomnio de los días pares, y también de los impares, mientras sus utilitarios se amontonan en doble fila sin el freno de mano puesto.  Cada día, al finalizar la jornada, se inicia un juego de malabares, un encaje de bolillos, que cuenta con la complicidad de los vecinos en las mismas circunstancias, intentando liberarse de su medio de transporte. Y todas las mañanas hay que deshacer el ovillo empujando autos apagados, a veces bajo heladas, o nieve y granizo. Barriadas que nacieron empozoñadas para la población y que debían ser testimonio suficiente para encarcelar a sus planificadores.
Ahora, como una burla del destino, el Ayuntamiento pretendía comerciar con la penuria de sus habitantes más humildes y penaliza con 24.000 euros los derechos que, durante décadas, le fueron sustraídos. Pero hay mucha rabia contenida esperando pendiente de una fina mecha para explotar en las gentes del común, ninguneadas, engañadas, ignoradas y víctimas de una “Justicia” politizada dispuesta a encausarlas por radicalismo mientras el Juez Horrach defiende la honorabilidad de una Infanta que vivió estas Navidades el lujo parisino sintiéndose inmune desde el amor que la ciega y le sigue, al parecer, concediendo autoridad moral y tranquilidad de conciencia para despilfarrar un dinero que fue usurpado a todos sus súbditos con la mediación de inocentes: Barberá, Camps... Menos mal que nuestra gente ha evolucionado en la forma de encarar la resolución de problemas, porque por menos se han producido grandes magnicidios. Y nuestro mayor problema, en la percepción del pueblo, es la corrupción de sus dirigentes.









A falsa percepción de Democracia

[...  O substrato que sobrevive transmitido de pais e avós a fillos e netos e máis resistente aos cambios. O apego á propiedade privada, o peso da estrutura familiar, o valor da lealdade ou mesmo esa necesidade aludida de ser gregario para sentirse vivo son principios máis indelebles. Sen embargo o Poder precisa controlar ás masas e para ilo actúa con un sentido de anticipación moi traballado. Hai persoas na sombra e nos medios, delegadas por un poder económico supra-institucional, centradas en orientar, de antemán, o continente e o contido das mensaxes que debe recibir o iluso cidadán de a pé. Tome vostede como exemplo o concepto de democracia. Os cidadáns, logo de un bombardeo mediático durante décadas, están persuadidos de viviren nun Estado democrático, só polo feito de que exercen o seu dereito a elixir gobernantes. Calquera análise en perspectiva e medianamente profundo amosaría que non se dan os niveis de presencia mínima na meirande parte dos cidadáns de parámetros que permitan afirmar que hai un exercicio de liberdade detrás da xa en por si exigua toma de decisións: desenvolvemento do xuízo crítico, acceso á cultura, nivel educativo, grao de interacción no tecido social... Aínda por riba, a tecnoloxía está a propiciar celeridade e universalidade no intercambio de mensaxes pero en detrimento da profundidade analítica e do exercicio da crítica. Hai millóns de persoas capaces de deseñar formatos de blogs e de páxinas web que son, de certo, obras de arte. Sen embargo, poucas delas son quen de enlazar máis de dúas ideas coherentes e, sobre todo, de defendelas con argumentos sólidos.]

(Fragmento do ensaio "Teoría do XXXXX", en proceso de escrita)
©Santiago Casal



martes, 14 de enero de 2014

O papel do periodismo baixo o goberno dun censor de visita en Washinton

 
...Sen o periodismo valente, ese que mantén a súa independencia de criterio por riba de factores de supervivencia ou razóns egoístas, o terrorismo de Estado tería imposto, hai xa moito tempo, unha nova orde social. Vai camiño dilo. As reformas neoconservadoras dos últimos anos afondan na estruturación da sociedade en castas ben diferenciadas, sen permeabilidade. Os medios de comunicación tradicionais teñen secuestrada a capacidade de crítica ao abuso oligárquico pola filosofía das subvencións en mans dos dirixentes corruptos e nepotistas. Na internet aínda sobreviven periodistas de raza, sostidos pola súa motivación. Son unha estirpe esforzada de entregados á causa da defensa das liberdades, da pluralidade e do exercicio do xuízo crítico máis aló da tentación sectaria que aleita aos cachorros do involucionismo.
Cando acudo a conferenciar nas Facultades de Periodismo de todo o mundo adoito dar máis peso ao coloquio que á disertación. Interésame saber da súa ética, das súas expectativas, soños, ilusións... Con demasiada frecuencia queren levarme pola senda do debate sobre soportes, formatos, dixitalización e non sei cantos farrapos de gaitas mais. Pero eu dígolles a todos que tan vangardistas son o lapis e o papel como a tablet. O importante é transmitir cultura para discernir os focos de interese fronte ao ruído prescindible ou baleiro de contido. Trátase de desenvolver ferramentas que axuden a aplicar a observación e a capacidade analítica sen ceder á tentación do prexuízo e a visión monolítica. Algúns dos grandes exemplos de conversos á pluralidade e a diverxencia téñense producido logo de viaxes iniciáticas, de experiencias osmóticas dos periodistas no seo das sociedades obxecto da súa observación. Eu son un firme defensor da tese que sostén a necesidade absoluta da participación na política da xuventude para frear a tendencia totalitaria e mesiánica das cepas de políticos con unha traxectoria longa, exposta a un exercicio duradeiro de fluxos e intercambios de intereses.

(Fragmento de "Tractatus... ". Inédito).







viernes, 10 de enero de 2014

O INCONMENSURABLE DANO DA CORRUPCIÓN Á DEMOCRACIA

 Ate onte ao mediodía pensaba que a aversión cara a clase política corrupta era unha consecuencia razoable e razoada pola natureza, envergadura e gravidade de cada caso concreto. Pensaba que só odiaba aos defraudadores, aos mentireiros e tramposos; aos que, mesmo presumindo de socialistas e de ter a chave do cambio, gardan silencio desde o seu cargo de conselleiros delegados diante do amaño das poxas por parte das grandes compañía enerxéticas.
Ate onte pensaba que era lóxico ignorar a Cospedal cando esgrime a unanimidade nas súas filas para xustificar a castración dos dereitos das mulleres. Pensaba que a subversión da Xustiza ate converter ao Fiscal en avogado defensor e á Facenda nunha coadoiro cando se trata da Infanta era lóxico que producira alarma social.
Pensaba, ao fin, que o obxecto do meu asco era selectivo e so atinxía aos casos probados de delincuencia de luva branca, nos ámbitos onde as decisións teñen consecuencias importantes sobre os cidadáns.
Pero, de súpeto e como por efecto dalgún encantamento, á miña fille e a min inundounos un asco profundo nada máis sintonizar coas novas das dúas e media. Foi algo visceral, un ataque ao máis profundo das entrañas, e sucedeu antes xa de que os deputados abriran a boca nos corredores do Congreso para expresar desde o sectarismo monolítico a súa posición respecto de temas capitais que eles manexan como elementos para o xogo e tamén como pretextos para a perpetuación dos seus privilexios.
Sucedeu que a nosa capacidade para soportar o insoportable mediante técnicas de reestruturación cognitiva a xeito de boias que nos manteñen a flote nun clima nauseabundo, involutivo, foi superada con creces. Mirámonos, apagamos o televisor, e, por primeira vez, fomos conscientes de que a nosa mente interiorizara que a política de Estado é unha merda porque os seus autores son unha merda. Foi algo imparable, froito da capacidade da corrupción para colarse en tódolos currunchos do Sistema.
É unha mala noticia, porque a nosa experiencia é un lugar común xa instalado no subconsciente colectivo. E o peor é que reparar ese dano, o maior, ao Estado de dereito, como é a perda total de confianza na clase política, é unha labor titánica, de décadas e que require de dimisións, ceses, castigos penais, equiparación de dereitos, establecemento de mecanismos de control e auditorías externas, confiscación do roubado, imposición de traballos para a comunidade, reforma do sistema electoral, igualdade de trato por parte da Xustiza, independencia de poderes, transparencia efectiva, asunción de responsabilidades... Han pasar moitos anos para que venzamos o asco que nos da a mera visión dos políticos: como pouco ate que desterremos aos que utilizan a Política no seu propio beneficio.





Libre asociación en Arteixo para celebrar o San Xoan?

¿Vivimos nun Estado democrático?   Un grupo de veciños de Arteixo unidos pola súa ideoloxía (materializada nos proxectos de Alternativa dos ...