© blog: Son de Oleiros

martes, 14 de enero de 2014

O papel do periodismo baixo o goberno dun censor de visita en Washinton

 
...Sen o periodismo valente, ese que mantén a súa independencia de criterio por riba de factores de supervivencia ou razóns egoístas, o terrorismo de Estado tería imposto, hai xa moito tempo, unha nova orde social. Vai camiño dilo. As reformas neoconservadoras dos últimos anos afondan na estruturación da sociedade en castas ben diferenciadas, sen permeabilidade. Os medios de comunicación tradicionais teñen secuestrada a capacidade de crítica ao abuso oligárquico pola filosofía das subvencións en mans dos dirixentes corruptos e nepotistas. Na internet aínda sobreviven periodistas de raza, sostidos pola súa motivación. Son unha estirpe esforzada de entregados á causa da defensa das liberdades, da pluralidade e do exercicio do xuízo crítico máis aló da tentación sectaria que aleita aos cachorros do involucionismo.
Cando acudo a conferenciar nas Facultades de Periodismo de todo o mundo adoito dar máis peso ao coloquio que á disertación. Interésame saber da súa ética, das súas expectativas, soños, ilusións... Con demasiada frecuencia queren levarme pola senda do debate sobre soportes, formatos, dixitalización e non sei cantos farrapos de gaitas mais. Pero eu dígolles a todos que tan vangardistas son o lapis e o papel como a tablet. O importante é transmitir cultura para discernir os focos de interese fronte ao ruído prescindible ou baleiro de contido. Trátase de desenvolver ferramentas que axuden a aplicar a observación e a capacidade analítica sen ceder á tentación do prexuízo e a visión monolítica. Algúns dos grandes exemplos de conversos á pluralidade e a diverxencia téñense producido logo de viaxes iniciáticas, de experiencias osmóticas dos periodistas no seo das sociedades obxecto da súa observación. Eu son un firme defensor da tese que sostén a necesidade absoluta da participación na política da xuventude para frear a tendencia totalitaria e mesiánica das cepas de políticos con unha traxectoria longa, exposta a un exercicio duradeiro de fluxos e intercambios de intereses.

(Fragmento de "Tractatus... ". Inédito).







No hay comentarios:

Publicar un comentario

Libre asociación en Arteixo para celebrar o San Xoan?

¿Vivimos nun Estado democrático?   Un grupo de veciños de Arteixo unidos pola súa ideoloxía (materializada nos proxectos de Alternativa dos ...