Felipe
abúrrese nos consellos de administración das eléctricas. Aínda así
seguirá un tempo máis asistindo a unha reunión trimestral a razón de
156.000 € ao ano.
É insultante a deriva destes homes que dignificaron a pana no Congreso de Suresnes
para, dende a estética do exilio, arrogarse o protagonismo da
recuperación dos principios do Socialismo para, tras un prodixioso
exercicio de asimilación do Liberalismo con decisión, deixar reducido o
escenario de relacións entre os axentes sociais a un monólogo no que a
voz a teñen os que abusan de posición dominante mentres o pobo contempla
como lle son subtraídos mecanismos de defensa a cotío.
Que os socialistas da pana arribados con fame atrasada dende o xugo franquista teñan interiorizado
con tanta ortodoxia a práctica das portas xiratorias, non é senón un
síntoma de modernidade, de asimilación da moda que os U.S.A. cren ter
inventado, esquecendo que se trata dunha herdanza romana. O éxito do
tráfico de influencias dentro da mal chamada esquerda, ademais de
conseguir a uniformidade das grandes propostas, ataca, quizais por iso
mesmo, a esencia do Socialismo dende os miolos. Os politólogos voceiros
do Neoconservadurismo, os do sindicato do
odio ao diverxente, ao periférico, ao distinto que non excluínte, babean cando escoitan ós filósofos e ós outros apóstolos desa
pretendida esquerda proclamar sen rubor que esta está morta, coma se
fose unha cuestión que só os convertese en testemuñas e non en
co-responsables. Uns e outros grandes teóricos, dende o ruído incesante
con que a crónica da mediocridade nos bombardea a diario obviando o
esencial, inspirados pola corrente da partitocracia que vén marcando o paso, están interesados en defenestrar a outras opcións que nunca tiveron oportunidades de goberno.
"A
esquerda ten morto" é o mantra reducionista ao uso, coma se o
recoñecemento da propia incapacidade do bipartidismo para representar os
intereses do pobo puidese poñer a cero o contador dos abusos da clase
gobernante e abondase ademais para desbotar, con prepotencia, outras
opcións que sempre foron acusadas de utópicas. Ese "a esquerda ten
morto" é esgrimido mesmo como un digno exercicio de exame de conciencia
polos que se cren de volta de todo sen expoñer nada. Encerra, na
realidade, a intención reaccionaria de sepultar á verdadeira esquerda:
esa que nunca logrou obter o apoio dunha sociedade que basculou dende o
medo ata a esperanza e dende a esperanza á frustración sen chegar a
encarnar xamais un verdadeiro exercicio de responsabilidade e de
restauración dos valores que nos foron usurpados polos que hoxe se
senten no fiel dunha balanza na que catro familias e un puñado de
aburridos pesan o mesmo que o conxunto dos cidadáns.
http://www.elperiodico.com/es/noticias/economia/felipe-gonzalez-gas-natural-consejero-incompatibilidades-2997670
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
Libre asociación en Arteixo para celebrar o San Xoan?
¿Vivimos nun Estado democrático? Un grupo de veciños de Arteixo unidos pola súa ideoloxía (materializada nos proxectos de Alternativa dos ...
-
(Ou de como a Política pare monstros) “Asumo esta gran responsabilidade, inviable sen o apoio impagable e sacrificado da miña fam...
-
Só 3 de 70 bispos teñen informado en España á Fiscalía respecto dos abusos á menores por parte de curas das súas dioceses. Esta actitude ...
-
Non só na esfera novelesca é pertinente a ficción. Se ben é certo que, se cadra por unha crise imaxinativa, a liña cultivada polos auto...