© blog: Son de Oleiros

jueves, 17 de julio de 2014

BANDEIRA REPUBLICANA: CACHEOS E TOMAS DE DATOS




Nas últimas semanas xa son varios os mozos que me veñen contar unha cuestión ben chusca. Son parados pola Garda Civil nos necesarios controis para detectar condutores que consumen drogas. E despois de confirmar que todo está ben nese aspecto, un axente advirte ao outro: "mira o que leva este aquí", sacando do maleteiro a bandeira republicana. Deseguido díselle ao condutor que lle van "tomar os dato
Comentei a situación con compañeiros e algúns asegúranme, dende profesións que teñen que ver coa orde pública, que a bandeira tricolora é un símbolo anticonstitucional. O sentido común dime que iso non pode ser así: a República foi elixida nas urnas e deshabilitada por un golpe militar. Pero como este razoamento pode ser acusado dende outras posicións de contaminado pola ideología, busco algunha sentenza que bote luz sobre a situación legal do símbolo da República e atopo varias referencias entre as que elixo a noticia transcrita polo ABC, que non é precisamente sospeitoso de profederalista a favor da recuperación da memoria histórica. Confío en que as voltas de rosca en contra da liberdade de expresión dadas polo Goberno de Rajoy e o Ministerio de Jorge Díaz, nunha suposta defensa da seguridade cidadá, non conculquen o dereito a reivindicar que outras fórmulas de goberno son posibles.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

Libre asociación en Arteixo para celebrar o San Xoan?

¿Vivimos nun Estado democrático?   Un grupo de veciños de Arteixo unidos pola súa ideoloxía (materializada nos proxectos de Alternativa dos ...