Aniversarios, efemérides… Cúmprense hoxe, e mañán, e pasado mañán a
respecto do fusilamento das trece rosas e do bombardeo de Hiroshima e
Nagasaki, do inicio da Segunda Guerra Mundial… e fanse votos para que
non se volvan repetir actos semellantes de destrución e ataque á
dignidade humana. Mais resulta algo inconsistente, case que baleiro, sen
fundamento, cando ou certo e que, namentres poñemos flores de homenaxe
aos mortos, inocentes, seguen a caer, en tempo real, millerios de civís,
a diario, en conflitos visibles e invisibles. En Palestina, Sudán,
Iraq, Afganistán, Sirya, Liberia, Libia os dereitos humanos son
pisoteados; a vía bélica é alimentada dende o comercio de armas polo
control das materias primas e a deriva son o abuso de poder e o
xenocidio.
Ademais hai outro asasinato silencioso, sutil, estendido mesmo en
países aliñados e superpotencias, que ten que ver coa persecución e
eliminación da diverxencia co stablishment, co Réxime. E non ocorre só
en ditaduras como Corea do Norte, ou en gobernos tinxidos pola
provisionalidade, como Exipto, ou baixo ou xugo do aparato de poder que a
China ten conservado non seu tránsito do Comunismo a un Capitalismo
feroz. A tortura e os crimes de Estado son tamén prácticas admitidas
pola Presidencia da que moitos catalogan como a maior democracia do
planeta. Os servizos de intelixencia de países paradigmáticos na defensa
dos dereitos humanos teñen unha morea de merda que ocultar dentro da
súa praxe, de espionaxe, que nos venden como acotación das liberdades en
aras dunha meirande seguridade.
Mentres lembramos as nosas desgracias pasadas, para que non se
repitan, milleiros de inocentes seguen a morrer a diario vítimas da
munición subministrada por gobernos de ética laxa convertidos en
potencias pola vía da ignominia.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Libre asociación en Arteixo para celebrar o San Xoan?
¿Vivimos nun Estado democrático? Un grupo de veciños de Arteixo unidos pola súa ideoloxía (materializada nos proxectos de Alternativa dos ...
-
(Ou de como a Política pare monstros) “Asumo esta gran responsabilidade, inviable sen o apoio impagable e sacrificado da miña fam...
-
Só 3 de 70 bispos teñen informado en España á Fiscalía respecto dos abusos á menores por parte de curas das súas dioceses. Esta actitude ...
-
Non só na esfera novelesca é pertinente a ficción. Se ben é certo que, se cadra por unha crise imaxinativa, a liña cultivada polos auto...
No hay comentarios:
Publicar un comentario