É preciso volver a repetir que,
ademais da teimuda realidade chea de problemas ben acuciantes,
presentes no noso entorno, nas nosas vidas en maior ou menor medida e
nos medios de comunicación a diario, existe outra realidade, máis
sutil e soterrada pero non menos importante, da que non temos
conciencia en tempo real e que vai a influír de xeito transcendente
no noso horizonte vital. O paro, a consolidación da pobreza nun
segmento crecente da poboación, a corrupción, a “desincentivación”
do Goberno para a inversión en enerxías alternativas e sectores
estratéxicos -por non chamarlle “persecución”-, a cegueira dos
poderes fácticos e da bicefalia que ten blindado a institucións
inoperantes e obsoletas que non teñen cabida na concepción dun
Estado en progreso, de corte federal, a concepción da sociedade
desde a prioridade das cifras macroeconómicas e a elección de
camiños que sacrifican o benestar dos grandes colectivos e non tocan
os dividendos das familias que concentran as fortunas, todo ilo,
digo, compón unha pesada lousa suficiente para impedir que xiremos a
vista algún grado máis para percibir outros matices do xeito en que
os Poderes están a traballar. Pero si, a pesar de todo, o facemos -e
hai moita xente que pode facelo porque come quente e porque pode, se
quere, tentar saber- poderemos ver que, paralelamente, seguen a
matarnos lentamente, os nosos gobernos seguen a arruinar as arcas
públicas porque os camiños da corrupción tamén entenden de
grandes acordos coas Farmacéuticas e as Enerxéticas, seguen a
fumigarnos, a miúdo aproveitando as as condicións atmosféricas ou
mesmo a nocturnidade, con aluminio e partículas ML 10 altamente
tóxicas, e a epidemioloxía apunta a un número escandalosamente
crecente de fenómenos de “viriase indefinida”, gastroenterite,
diarreas resistentes, cancro, crecemento exponencial dos casos de
Alzhéimer denantes dos setenta anos, respostas auto inmunes letais,
síndromes de ansiedade e pánico, depresión...
Ben certo é que o inimigo é o mesmo e
está detrás da perversión do Sistema, pero ten un aliado, que non
é outro que a cegueira inducida dos cidadáns e da clase política
crítica co Poder establecido que non acerta a incluír no seu
proceso de debate e, xa que logo, nos seus programas, o
desenmascaramento dos plans de Fumigación Masivas sobre a península
ibérica, dos seus autores, das súas motivacións para esixir o cese
inmediato en aras da recuperación gradual da ilusión polo futuro
que lle agarda aos nosos fillos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario