© blog: Son de Oleiros

lunes, 17 de noviembre de 2014

A RAMPA DE ACCESO: nos asuntos da Cousa Pública nunca hai responsables


A pequena vía-rampa de acceso ao Colexio Apostol Santiago, Adaceco, etc., que soporta un tránsito continuado de acceso de facultativos, profesores, alumnos, pacientes e familiares, a pé e en coches adaptados, furgonetas... transcorre durante sesenta metros a unha altura ou desnivel sobre o chan circundante moi considerable. Desde hai un tempo directivos dos Centros viñan demandando da Xunta unha actuación urxente para que o deterioro palpable da estrutura non rematara nunha desgraza.
Hoxe, dezasete de Novembro de 2014, a calzada precipitouse dende a mediana ata o chan. Toneladas de terra que, por segundos, non sepultaron a furgonetas que andaban a entrar no recinto. As declaracións da Xunta aos medios -Cadena Ser, 19, 30 horas- non teñen desperdicio: “A Xunta leva xa meses estudando a mellor forma de reparar a infraestrutura”. E un xeito perverso de darlle a volta a un argumento palmario: A Xunta non actúa durante meses para previr o desmoronamento da rampa de acceso a pesar da responsabilidade en vixiando e denunciando dos usuarios e, finalmente, se produce un desastre, evitable, que non produce desgrazas persoais polos designios da fortuna.
Pero ese desenlace sen mortos non exonera aos responsables da Administración, non só do mantemento senón tamén no proceso construtivo, cando técnicos e funcionarios decidiron que toneladas de terra recibiran as filtración de auga a través dun pavimento ranulado para ser embolsadas a presión dentro dun compartimento pechado por muros de carga que non ían unidos á prancha de formigón superior con ferros. Era a crónica dun desastre anunciado. ¡Menos mal que os sufridos técnicos e funcionarios da Xunta levaban meses estudando como arranxar a rampa! Agora, que xa caiu, sabémolo.
As repercusións abranguen, tamén,  a suspensión temporal das actividades duns equipos de profesionais volcados nunha labor impagable con alumnos con necesidades especiais e pacientes rehabilitándose dos efectos de doenzas e accidentes sobre as súas capacidades motoras, intelectuais e de saúde emocional. O colectivo de afectados estamos moi pendientes das respostas dun sector da Administración que, como tantas veces, chegan tarde e para paliar con grandes costes un xeito de facer que non era o que conviña ao interese público. 



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Libre asociación en Arteixo para celebrar o San Xoan?

¿Vivimos nun Estado democrático?   Un grupo de veciños de Arteixo unidos pola súa ideoloxía (materializada nos proxectos de Alternativa dos ...