© blog: Son de Oleiros

jueves, 30 de abril de 2015

O DESCONTROL DAS SÚAS SEÑORÍAS, ¡perdonando da súa cara!

Ou da presenza, campando a pracer, de reputados ABSENTISTAS nas Cámaras Alta e Baixa, pluriempregados.

Di Posadas que con relación á observancia da Lei de incompatibilidades no exercicio profesional por parte os deputados non cabe outra actitude de parte de Presidencia que a confianza absoluta, porque eles saben cal é o seu deber e o que teñen que facer. Por outra banda tampouco estarían definidas, en caso de incumprimento, as sancións disciplinarias. E esa mesma laxitude obra para as declaracións de bens patrimoniais das súas señorías.
Detrás do pulo que fai latexar ao unísono o corazón dos cidadáns creando e crendo nun proxecto colectivo está o valor da exemplaridade. Por apuntar un símil, o neno que ve abusar do viño na casa acumula papeletas para ser alcohólico no futuro. O mesmo sucede co exemplo das tarxetas black, ou coa rémora para as arcas públicas dunha clase política na súa meirande parte inédita ao longo de toda a lexislatura e que, por se iso non abondase, limita as súas declaracións ao guión que lles entrega a dirección para ser reproducidas nas súas autonomías e reservan boa parte das súas enerxías para outros negocios privados. Todos estes "exemplos de vida", que contan co respaldo do incumprimento do deber de vixiar do Sr. Pousadas, son paus nas rodas dunha democracia en permanente situación de obras, en construción e ameazando derrubamento. Para cimentar ese espírito necesario de que paga a pena contribuír porque o resultado é unha mellor cobertura de servizos públicos, de calidade de vida, de grao de benestar, de acceso ao traballo e formación, para que a poboación recupere o orgullo de poder contribuír á causa de todos e se instale ese modo de mirar, pensar e actuar poñéndose na pel dos demais -interacción- que tanto identifica aos modelos de progreso consolidados aprema que o Sr. Posadas (como tamén a cúpula do PP e os órganos reguladores -Banco de España, CNMV) despois de todo o que estivo a acontecer, deixe de insultar á nosa intelixencia vendéndonos a idea de que a catadura ética e moral das súas señorías é incólume e non necesita de controis.

Os feitos téñeno contradito en innumerables ocasións; seguen saíndo á luz casos de suborno e de tráfico de influencias, e só dende o engano dunha Lei de transparencia interesada que precisamente obstaculiza o importante para favorecer a impunidade dos aforados poden entenderse unhas declaracións fóra de todos os canons do que debe ser unha xestión directiva competitiva e competente. E se hai unha Empresa que polo seu tamaño e importancia a precisa é o Estado. Calquera Peme dedicada á venda de pequenos insumos, toda empresa de produción, os mesmos traballadores autónomos establecen mecanismos de control sobre produtividade, emprego de axudas, custos de mecanismos de apoio á xestión, optimización de recursos, etc.
A única opción que nos queda, pois, cos "Posadas" das Institucións é removelos dos seus postos por ineficacia, ineptitude, absentismo e comportamento sectario. Ou seguir dándolles apoio. Pero logo atéñanse ás consecuencias e deixen de chorar a destempo, unha vez máis.








 Transcribo nova de La Vanguardia


Tras garantizar que "todo esto se irá viendo en esa comisión", Posada ha apuntado, no obstante, que "no hay desarrolladas fórmulas de investigación, porque la confianza es lo que prevalece". "La confianza es la idea esencial y nosotros confiamos en que un diputado actúa en consecuencia con lo que propone y le autoriza el Congreso; lo que no quiere decir que el que incumpla esa relación de confianza no pueda tener la sanción adecuada, que lo veremos", ha insistido.
También ha reiterado que, en virtud de la normativa, la situación de los diputados es de "incompatibilidad con todo y dedicados a su trabajo", aunque "luego existen compatibilidades que se dan por la comisión de estatuto y a consecuencia de ello pueden ocurrir conductas que la comisión de estatuto vigila si se adecúan".


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Libre asociación en Arteixo para celebrar o San Xoan?

¿Vivimos nun Estado democrático?   Un grupo de veciños de Arteixo unidos pola súa ideoloxía (materializada nos proxectos de Alternativa dos ...