© blog: Son de Oleiros

martes, 26 de mayo de 2015

CAER DA BURRA



Nas entrevistas do día despois os “notables” con praza en diversas atalaias dos medios coruñeses están a falar de que o voto das mareas é o esborreco de xente nova indignada e con pouca experiencia democrática. ¿? Reproducen a xeito de verdade universal a consideración de que A Marea non ten outro programa que a reacción contraria ao PP, un partido ao que ven desgastando, segundo eles, o exercicio do poder, como se este, en por si fora desgastante con independencia de como se administre. É algo ben chusco, refutable por exemplo en Rianxo ou en Oleiros, Carballo, etc... Ningunha referencia aos efectos da corrupción, a contratación fora dos canles legais, o silencio cos cidadáns...
Eses notables de medios capitaliños conclúen insistindo en “¿qué se puede esperar de esas mareas que venga a solucionar los problemas de los ciudadanos? “.

-No sei como o farán as Mareas pero si sabemos como o fixo o PP.
-Xa non ten encaixe seguir a sementar a idea de que os arquitectos de As Mareas son bolivarianos infectos, cabreados e falando para xente que non ten capacidade de reflexión nin criterio para opinar e tomar partido. Médicos, avogados, profesores de universidade, periodistas... os concelleiros de As Mareas van ser persoas na meirande parte con grande formación intelectual, integrados na sociedade, cun discurso ben percibido por xente de toda condición e grao de formación.
-Xa non funciona pois o mantra reducionista do rancio Sistema privilexiado a respecto de que as Mareas triunfan abducindo aos novos.

Cando se iguala en número de votos, desde unha posición de saída tan recente, a un partido popular con tanto poder, cunha arañeira de redes clientelares e prácticas nepotistas e de enchufismo tan asentadas e fornecidas co uso discrecional do diñeiro, non abonda para explicalo o de meter nun nicho de moda o soporte cidadán emerxente, non abonda con aludir a unha “segmentación” inventada, apoiada na tendenciosidade e non nos efectos dos feitos.

Dito isto, eses notables denúncianse cando ningunean a capacidade de discernimento da xente nova e o seu grao de xuízo crítico sobre as mensaxes que reciben.

EPÍLOGO: No día despois, cando falan de sorpresa en Madrid, Barcelona, Compostela, A Coruña... poñen de manifesto que seguen sen caer da burra. A “hostia” da que fala a do caloret aínda pode ser máis xigantesca nas eleccións xerais. Rajoy ten razón nunha cousa: non saben comunicar. De feito temos que enterarmonos pola prensa dos casos de corrupción e contabilidade B que corroen uns cimentos en caída libre.










No hay comentarios:

Publicar un comentario

Libre asociación en Arteixo para celebrar o San Xoan?

¿Vivimos nun Estado democrático?   Un grupo de veciños de Arteixo unidos pola súa ideoloxía (materializada nos proxectos de Alternativa dos ...