© blog: Son de Oleiros

jueves, 9 de julio de 2015

Sobre a Constitución e sobre o Tratado de libre Comercio


 Resultado de imagen de foto de los padres de la Constitución

Breviario 1

A Carta Magna non ofrece un marco de solucións dabondo para garantir a convivencia nun Estado de dereitos e deberes. Foi redactada por unha agregación de políticos e xuristas na que se contaban franquistas e tardo franquistas. Ainda que non fora así, non hai nada que resista sempre o paso do tempo, sobre todo nun entorno tan cambiante. A Costitución non atalla problemas que ameazan con enquistarse: a relación interterritorial, a construcción dun Estado Federal, o progreso cara a unha Lei electoral máis xusta e ponderada, o respecto á liberdade individual e de expresión compatibles coa defensa dos intereses colectivos, a independencia real e efectiva dos poderes, o respecto á laicidade e a tódalas decisións personais e familiares que, axustadas a dereito, non teñen na relixión ou na tradición unha referencia obrigada, a igualdade de todos ante a lei coa conseguinte secuela de actitudes e comportamentos que han guiar aos que detentan liderazgo, poder ou ambalasdúas cousas: exemplaridade, desaforamento…, o desartellamento de estructuras de poder anacrónicas por canto a súa función de reparto dos recursos públicos xa pode ser realizada polas comunidades autónomas (Deputacións, Fundacións públicas), depósito da responsabilidade lexislativa no Congreso dos Diputados, órgano suficiente para recoller á sensibilidade de tódolos administrados e que fai superflua a gravosa coexistencia do Senado.
A necesidade de reformar a Constitución e un clamor que ven chocando cos intereses do Partido Popular e da Corona.


Breviario 2

Partido Socialista e Partido Popular europeos pode que teñan algunha diferencias no que atingue a políticas sociais. Sen embargo, nos seus modelos económicos hai tanta coincidencia que veñen de votar xuntos a favor da admisión a trámite do Tratado de Libre Comercio, que outorga ás multinacionais autoridade por riba do gobernos dos Estados da Unión en materia de produción e comercialización de bens de consumo. Xa o sabíamos, pero agora está asinado: os socialistas dánlle ás eléctricas, a Monsanto, ás tabaqueiras, aos grandes monopolios a facultade de pleitear contra os gobernos cando consideren que as decisións de estes en materia lexislativa e por defender dereitos dos cidadáns significan unha merma na súa conta de resultados. Entre outras cosas, é a vía para que Monsanto prante tanto maínzo e soya transxénicos como lles pete no noso territorio, co que conleva de actuacións previas e posteriores sobre o terreo, para conseguir a plena colonización en detrimento de outros cultivos incompatibles con eses procedementos de “toxicidade selectiva”


Resultado de imagen de monsanto


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Libre asociación en Arteixo para celebrar o San Xoan?

¿Vivimos nun Estado democrático?   Un grupo de veciños de Arteixo unidos pola súa ideoloxía (materializada nos proxectos de Alternativa dos ...