© blog: Son de Oleiros

martes, 24 de noviembre de 2015

LA URDIMBRE DEL PODER. ORIGEN DEL TERRORISMO

“El último periodista” (fragmento de la novela)
Texto íntegro aquí

[…Denunciamos el intervencionismo imperialista de las grandes potencias, la explotación de la mujer y de la infancia, la generación de guerras instrumentales para la expoliación de recursos, la corrupción en todos los mundos, la colonización de las mentes, la utilización masiva del ser humano como cobaya en grandes campos de pruebas clandestinos por parte de multinacionales farmacéuticas que untaban a los oligarcas y, entre otras muchas cuestiones concretas, intensificamos la ilustración de hasta qué punto el mal se disfraza de aparato protector con la profundización, por entregas, en el gran enigma de las Torres Gemelas.

Morgan Mush había ganado las elecciones presidenciales gracias a las irregularidades en el recuento de las papeletas en Florida, gobernada por su hermano. Ningún senador avaló con su firma la posibilidad de recurso por parte de los miles de ciudadanos de raza negra, partidarios de Al Gore, que fueron eliminados de las listas. El ascenso de Morgan Mush, -exonerado de prestar servicios en ejército cuando su padre era jefe de la PIA al igual que su amigo y valedor económico Rath, a la postre tesorero de los Mahden en sus negocios americanos- culminaba una historia familiar cimentada en prácticas calificadas por biógrafos independientes de tahúres, mafiosas y faltas de escrúpulos. Según aquellas fuentes Morgan Mush se había beneficiado de información privilegiada desde su posición de hijo del presidente para amasar una fortuna vendiendo sus acciones antes de mandar a la quiebra a empresas “petroleras” de capital que los saudíes aportaban a cambio de vía libre para otros intereses. El 11S habría supuesto una inyección de dinero inconmensurable para empresas armamentísticas participadas por la familia Mush.

Los meses que precedieron al derribo del World Trade Center y durante los años que le siguieron, el aparato de propaganda del régimen democrático de U.S.A. se cebó especialmente en presentar al mundo islámico como una ciénaga en la que se alimentaban las peores creencias que un ser humano podía profesar. En la misma medida, el stablishment incrementó la profesión pública de la religión cristiana, identificándola con todo lo que de bueno había en la sociedad norteamericana. El atentado explotó el dolor natural y solidario del pueblo americano. La invasión de Irak fue presentada subliminalmente como una cruzada, una guerra santa. La necesidad de ser eficaz de manera inmediata justificaba las torturas en Guantánamo, en Irak y también a bordo de los navíos de guerra, cárceles flotantes en aguas jurisdiccionales internacionales.
Nuestras entregas en “Libertad fugaz” eran alimentadas desde la consulta crítica de todas las fuentes posibles: agencias anti y pro árabes, reporterismo a pie de escenario, documentos desclasificados, testimonios que se escapaban a la censura, el trabajo de investigación impagable de Michael Moore… Cualquiera en Occidente podía saber como los Mush habían amasado fortunas generación tras generación de forma ilícita; cualquiera podía saber que Michard Renney, Blonda Mice o Mark Fletcher, además de la familia Bahden, eran también accionistas mayoritarios de empresas favorecidas por la invasión de Irak. De ahí que no nos resultara extraño que desde el despacho oval se hiciera caso omiso de los informes de la PIA alertando del riesgo de atentados. Ni que se abriera el espacio aéreo solo para la familia saudí de los secuestradores el 13 de Septiembre cerrando la puerta a cualquier investigación, o que no se inmovilizaran sus depósitos bancarios.
La reacción de Mush contempló la demora de dos meses en situar a las tropas en el presunto emplazamiento de la base de Rin Bahden: una fuerza ridícula en número de efectivos comparada con los medios en su día desplegados para formar y ayudar a los talibanes en su lucha contra los soviéticos y el gobierno laico y poder asegurarse así el tendido de gaseoductos desde el Mar Caspio a través del país con rumbo a puertos mediterráneos. Pero aquel contingente sí era suficiente para pretextar la instalación en el poder de aquellos afganos, como Ramid Karhad, que habían sido administradores y consejeros en empresas participadas por Mush.
La Casa Blanca desplazó el foco hacia Irak siguiendo un plan preestablecido. Se reforzó el mensaje de que la amenaza terrorista latía en cualquier esquina de cualquier barrio y en aras de incrementar la seguridad de los ciudadanos se recortaron sus libertades: se accedió a sus informes médicos, a su situación financiera… todo obedeciendo a un Acta Patriótica que fue presentada en el Congreso con nocturnidad y aprobada sin que sus miembros la hubieran leído siquiera. En virtud de ella el RDI podía presentarse en casa de un ciudadano si éste hablaba públicamente acerca de la política de Mush. Se prohibió llevar biberones en los aviones o medicamentos líquidos, aunque no encendedores, para no herir los intereses de las tabaqueras. Las nuevas exigencias atendían a la amenaza terrorista pero paradójicamente dejaban vastos territorios fuera de las grandes urbes sin patrullas por falta de presupuesto.
Los intereses de las grandes empresas petroleras, constructoras y armamentísticas tenían a sus mejores valedores, desde su doble condición de accionistas y gobernantes, en Morgan Mush, Blonda Mice, Renney, que desoyendo a los inspectores de la ONU lideraron la llamada “Coalición de la buena voluntad”, integrada, de entre todos los países del mundo, tan sólo por el archipiélago de Palau, Costa Rica, Islandia, Rumanía, Marruecos, Los Países Bajos, Afganistán, el Reino Unido, España y los Estados Unidos, donde se reforzó el contingente del ejército mediante el reclutareclutamiento de jóvenes procedentes de las capas sociales más bajas y desestructuradas del país...]



viernes, 20 de noviembre de 2015

TERRORISMO DE ESTADO

A podremia que non cesa ou sobre o exercicio constante da maldade.

As axencias, os mass media impregnan o sentimento “novidoso” dunha sociedade convulsa vítima dun avance sen precedentes do terrorismo. ¿? Pero é que o terror deixou de estar presente nalgún momento desde a aparición do home nas relacións, de poder, neste planeta. O terror poderá ter moitas e moi diversas facianas pero é un e resposta tamén a un móbil que recorrente: o dominio do home polo home, o exercicio do abuso de poder, a depredación dos recursos e, ao fin, vivir con cotas de benestar diferenciadas a costa de explotar ao outro. A poboación civil dos países desenvolvidos non chegan novas das estratexias de esquilmo, explotación, imposición de ditadores amigos, expropiación, desestabilización, terrorismo de Estado, fomento de guerras para dar vía á industria do armamento… co corpo dos profetas aínda quente xa se afían as gadañas para cortar cabezas no nome de ortodoxias tribais que confirmas o agromar de novos profetas enfrontados polo poder e o exercicio da posesión exclusiva da lexitimidade… A guerra fría das superpotencias agocha a ansia máis prosaica e ruin por monopolizar o acceso ás fontes de riqueza… e si para tal fin cumpre apoiar aos que asasinan ás nenas por ir á escola namentres intramuros se presume de altas cotas de democracia e temor de Deus, pois faise e ao carallo, que para iso hai aparatos de propaganda persuadindo á clase media de formar parte do mellor país do mundo. Chegan momentos en que os mandamáis do mundo cambian cromos e pactan non revolver na merda de cadaquén: Xeorxia, Chechenia, Granada, Afganistán, Chile, Cremea, Siria, Líbano, Guatemala… se é que está a emerxer un inemigo froito do rescoldo de ser potenciado como arma segundo intereses xeoestratéxicos e agora saído de nai. Porque para que este estado de excepción que troca liberdade por seguridade estará desvalido en tanto que os cidadáns traguen coa idea simplista de que o enfrontamento entre sunnitas e chíes e a radicalización dos islamitas xa máis radicais esta detrás do odio á democracia. Tórnase imprescindible distinguir a acción dos servizos de intelixencia en favor do Terrorismo de Estado e da imposición de gobernantes, mediante golpes de Estado alentados por esa Intelixencia, homes de palla, formados en Occidente para enquistar a civilización musulmán como unha ameaza.
Os únicos líderes das “repúblicas árabes” respectados polos que dominan o mundo e vetan calquera disposición da ONU en favor do achegamento de civilizacións son sátrapas canallescos que teñen sumido aos habitantes dos seus países na Idade Media e onde se conculcan tódolos dereitos humanos. Pero son “gobernos amigos” e, como tales, intocables. Máis aló das homenaxes sentidos polos inocentes caidos, máis aló dos discursos maniqueos sobre a diferencia entre civilizacións, Europa, os EE.UU., Xapón, Canadá, Australia e todo o mundo tan “desenvolvido” precisa vencer o mal, a maldade a partir de distinguir primeiro a que xa aniña no seo do seu Sistema Nacional podre, maridado cos intereses de monopolios, e poder albiscar ate que punto o Estado de benestar, aínda con recortes porque o Poder é ávido, depende umbilicalmente do abuso de poder sobre os recursos dos outros e os escravos doutras latitudes terceiromundistas.



viernes, 13 de noviembre de 2015

SALVADOR FERNÁNDEZ MOREDA: O RAPOSO COIDANDO DAS GALIÑAS

O premio pola súa laboura “in vigilando” como vicepresidente da Comisión delegada de Caixa Galicia e como Conselleiro de NovaCaixa Galicia, o premio por non asinar as indemnizacións obscenas aos cadros directivos pero tamén por non obstaculizalas, o premio pola súa pasividade compartida con Mar Barcón e con outros Conselleiros diante das políticas de abuso e atraco aos aforradores ven a significar que un home que non ten dado un paso adiante para reparar o daño feito á clase traballadora e aos seus aforros de toda unha vida de traballo, a miudo na emigración, veña agora a merecer a confianza de asesorar ao asesor da Valedora do pobo na defensa última dos intereses dos cidadáns.
Non é polo soldo que vai cobrar, que tamén, senón porque semella unha burla aos contribuintes a elección para defender aos cidadáns frente aos abusos de poder dun home cuxa traxectoria última é a da alineación a carón dos autores do latrocinio, dos ladróns do patrimonio galego enaxenado ainda cun custo de nove mil millóns para o noso balance, pagados cos impostos de todos.
Este político xa apuntou maneirascando, sendo Marfany o presidente da Deputación, el sostiña en entrevistas continuas que a Institución era unha lacra, unha remora do pasado, unha covacha para alimentar o nepotismo prescindible e que cumpría eliminar. Faltoulle tempo para, unha vez acadada a Presidencia, pasar a convertirse no seu defensor máis acérrimo. E iso a pesares de que a deriva das Deputacións era a profundización do uso dos cartos de xeito partidista, para perpetuarse no poder. Iso sen contar que non ten sentido que os cartos públicos teñan que ser distribuidos desde administración diversas, cos custos que elo conleva. Así se explica a falta de entendemento para que o que hai que arranxar reciba as dotacións precisas sen entrar en guerras de competencias. A porcentaxe de diñeiro que se perde en gastos de estrutura e personal por duplicación e mesmo triplicación Administrativas chegaría para evitar a política de dolosos recortes en materia social.
Ese outro aval das opinión mudadas sobre a función das Deputacións converte a Fernández Moreda nunha persoa non grata para aqueles que buscan manter a confianza na figura dun valedor do pobo independente, con asesores limpos e coherentes. Só tiñan sentido as Deputacións no Réximen foral de Navarra entendidas como un elemento de solidaridade e redistribución dos recursos fronte á verticalidade do Réxime Franquista. Agora resulta o recoñecemento dun fracaso de modelo institucional e de país considerar que a Xunta, en por sí, non é quen de facer ese reparto de compensacións intermunicipais sen precisar do concurso deses outros entes que teñen servido para facer fortes aos señores do tráfico de influencias e o nepotismo, aos Cacharros e os Baltar.



jueves, 12 de noviembre de 2015

MORRER DE ORGASMOS

Leo nun teletipo que unha moza ucraína de vintesete anos ven de finar no leito vítima dunha secuencia de orgasmos continuados durante catro horas que a levaron a sufrir un ataque cardíaco.
Ben, supoño que a Axencia considerou o feito como noticiable tendo en conta que iso é altamente extrano que lle suceda a unha muller. O normal e que lle pase a un home nunha habitación de hotel, no choio de serlle infiel á súa muller, e gozando por riba das súas posibilidades físicas grazas á axuda da pilula azul inxerida sen control.
Pero volvendo sobre o tema da sexualidade feminina, a noticia viña a resaltar que tódolos excesos son malos. A min ese argumento pareceume mal traído. Quen establece que ter capacidade infinita para sentir pracer sexa un exceso? Non será máis ben unha virtude? Iso sí, unha virtude que as Relixións máis grandes, gregarias e xerarquizadas do planeta se obstinaron en pecaminizar ao longo da Historia e ate o presente. O home que vivía no cuarto andar do edificio onde pasei parte da miña adoescencia sempre presumía de que el nunca vira espida á súa muller. A admiración por iso era compartida pola dona, que tiña practicado un ventanuco no camisón longo para "facer uso" e cumprir co precepto conxugal. Para outra cousa, incluída a exhibición da carne ou a succión oral, dicía aquel home, estaban as putas.
A min, dado o grao de egoísmo que pervive en moitos machos nas súas condutas sexuais, moitas veces alentado polas propias mulleres, non me sorprende nada que un número importante de rapazas, independentemente da súa orientación sexual, atopen noutras mulleres a sensibilidade e ese trato sutil, delicado, atento aos matices que moitos falócratas con urxencias cubertas en actos express, educados no machismo e a ignorancia de que o sexo é unha arte ben rica, non poden proporcionarlles.
A respecto disto, a noticia máis relevante nas axencias podería dicir: "cada día morren no mundo decenas de miles de mulleres que nunca experimentaron un orgasmo". E ainda que pareza mentira isto segue a producirse non só na esfera talibán ou en sociedades nos que a muller é un mero instrumento reprodutivo, un animal de carga e de traballo arreo. Tamén ocorre no Occidente supercivilizado, no que imperan uns modelos eróticos que afondan na cosificación dá muller e na súa función suprema de atraer ao macho dominante cos seus atributos físicos arrastrándose por estudios e vídeos nos que esa parte das novas xeracións chegan mesmo a endeusar a ignorancia e ningunear o esforzo por saber: "Quen precisa para nada a Universidade. Eu teñome feito a min mesmo na escola da vida" (Frase pronunciada en "Homes, mulleres e viceversa" (para argumentar ou descoñecemento dun asunto de cultura xeral ben básico).
Nos centros de ensino, e ainda mais na casa, sexa por comodidade, por indolencia ou por falta de sabedoría, non hai didáctica sobre como funcionan os corpos do home e da muller. Estancouse o progreso da profundización no coñecemento dos nosos filóns para o pracer e a arte amatoria.
Por tanto as novas importantes das Axencias teñen de xirar sobre o deleznable que resulta o asasinato continuado de mulleres vítimas da violencia dos "seus homes", sen obviar que centos de milleiros sofren violencia física e psicolóxica con graves secuelas tamén para os fillos.
Porque o home non soporta o que il sinte como desprestixio social cando interpreta que a súa muller se desvía do rol que no seu marco cultural ten asignado: ser unha propiedade exclusiva da súa parella e, aínda máis, a súa escrava. Os homes son educados dese xeito polas súas nais e estas comisionadas para tal fin polos convencionalismos sociais trasladados de xeración en xeración, coa encomenda dos confesionarios.
A anorgasmia inducida non é un fenómeno exclusivo dos territorios da ablación clitoridiana ou das violacións sistemáticas, sumarias, convertidas en armas de guerra. Tamén en amplos sectores da hipócrita e puritana sociedade "máis desenvolvida" a vivencia intensa do pracer por parte da muller é percibida como un elemento corruptor da pureza da ialma. O fin último ten de ser, a mais da procreación, estar ao servizo do desafogo do home.
A Virxe María entrou en xestación dun xeito puro, sen experimentar a suxa baixeza do orgasmo. E conforme a ese exemplo e tamén ao das súas nais, moitas mulleres que non coñecen o orgasmo argumentan que o importante dentro da parella é quererse, coma se iso fora incompatible con "gozar como unha cadela", tal como lle chaman desde círculos onde se afonda na cosificación da muller.
Corenta anos despois da suposta explosión contracultural unha boa parte da xuventude transita cara a madurez instalada en valores e principios regresivos, tanto non que atinxe ao papel da muller na familia como respecto da consideración que merece o seu acceso a dereitos tan fundamentais como limpos, entre eles a explotación da súa capacidade suprema para sentir pracer e que, de feito, non debería máis ca ser obxecto de sá envexa entre os homes.





Gustav Klimt: Danae

VELUTINAS. UN PROBLEMA FORMIDABLE DE SAÚDE PÚBLICA

Leo no xornal La Voz de Galicia que no Campus Universitario están sorprendidos pola aparición de decenas de nespras asiáticas nas enredaderas. ¿? Hai ainda moito descoñecemento acerca dos costumes desta bichería. En Oleiros temos algo máis que decenas chupando nas hedras a diario, nos nosos xardíns, nos parques nas leiras. Comendo nas uvas e nos figos. Aniñando, si, en altura, pero tamén no chan, baixo do musco, na terra, e mesmo tamén nos bardallóns. E hai que descartar a esperanza das autoridades administrativas en que morrerán co frío. As raíñas deixan o niños para agocharse en sitios máis quentes e sobreviven ao inverno para formar novos niños. Os procedementos da Xunta, de Tragsa, de retirada ou destrución dos niños en horas diurnas non consiguen máis que agravar a invasión: ao nos estaren todalas nespras no niño as que sobreviven teñen unha capacidade asombrosa para reconvertirense en raíñas e fundar novas colonias. A súa capacidade e rapidez reproductiva e inconmensurable, como tamén as dotes para a supervivencia dunhas larvas armadas xa con mandíbulas máis proprias dun adulto en outras especies.
Estamos diante dunha catástrofe ecolóxica que aínda pode ir a máis. Polo momento, as abellas case que foron exterminadas en toda a franxa litoral galega, e tamén portuguesa e cantábrica. Os apicultores que sobreviven son os que teñen colmeas na montaña do interior do país. De momento. Dinme algunhas fontes ben informadas que a invasión ten data de inicio, simultánea, coa chegada de niños en adegas de barco nun porto do Norte de Portugal, en Burela e noutro porto do país vasco. Todo na mesma data. Eles coidan que está relacionado coa vontade da Administración de dispor dunha nova arma para loitar contra o gorgullo dos eucaliptus. Logo, visto o visto, din que o tema se lle foi das mans aos que tomaron a decisión.
O certo é que este xa non é só un desastre ecolóxico. E ademáis un problema de saúde pública de magnitude impresionante. A ciencia médica ten establecido que con cada episodio de picaduras de insectos, velenosas, o organismo vólvese máis reactivo ate o punto de instalarse na alerxia logo de tres agresións. Por tanto o risco de shocks anafilácticos nas zonas de concentración progresa exponencialmente conforme se van producindo picadas destes insectos cada día más presentes nos nosos hábitats. O antídoto é caro e o Sistema de saúde nun cubre máis ca o dez por cento do seu importe. Ademáis, non sempre é doado andar con él e as circunstancias e motivos de tropezo fortuito con esas nespras multiplícanse.
Mentres estou a escribir estas líneas a Administración sigue a atentar contra a saúde de todos por operar á marxe da Ciencia, por non actuar, por non escoitar as voces autorizadas na materia, por non aportar os medios suficientes fronte a un problema que vai ter uns costes inxentes se non se aborda xa, por non ter pedido axuda e consello a outros países, como Francia, xa con experiencia nesta batalla, por ter desasistido as Administracións Locais, por non dar información á xente, por non proveer de cultura e medios preventivos a axentes sociais e particulares...
España es un gran país, con muchos españoles y mucho español, administrado pola inacción e os intereses creados con contratas que buscan rendibilidade á marxe dos intereses colectivos. ¡NON Á RETIRADA DE NIÑOS DURANTE AS HORAS DIURNAS!





miércoles, 11 de noviembre de 2015

ORACIÓN

-Incumplimiento del pacto de la leche, ruina para la ganadería gallega
-DESCONEXIÓN DE CATALUÑA
-Gestión irresponsable de los astilleros públicos
-DESAFÍO SOBERANISTA
-Trato denigrante a los pescadores gallegos en el reparto de las cuotas
-LA CUPS
-Velutinas, escarabajo de la palmera, hierba de la pampa, cangrejo americano… pasividad política, intereses espurios
-ALBIOL e ICETA
-Veinte mil hectareas de bosque y reservas de la biosfera, arrasadas por el fuego
-ORIOL JUNQUERAS, ARTUR MAS
-Enajenación subvencionada de las grandes empresas gallegas
-INÉS ARRIMADAS
-Recorte sistemático del alcance de las coberturas sociales contra la pobreza extrema
-¿QUÉ TAL LAS SENDERUELAS HOY?
-Trabas administrativas al emprendimiento
-MIRE USTED, RESPETO ABSOLUTO A LAS REGLAS DE JUEGO
-Los responsables de ADIF y del MINISTERIO de TRANSPORTE facilitan las posibilidades de que mueran gallegos, habitantes de un país con catálogo de segunda fila
-EL ARTÍCULO 155
-Impago de la Ayuda a Dependientes
-PLEBISCITO
-Abandono de la responsabilidad in vigilando frente a los ataques al Medio Ambiente
-¡Y LA EUROPEA!
-Nepotismo en la Diputación de Ourense
-CATALUÑA ES UNA GRAN NACIÓN. LOS CATALANES SON CAPACES DE TENER GRANDES IDEAS.
-Aliento al transfugismo. Indolencia legislativa en el Parlamento. Ley electoral injusta, impresentable, siempre pendiente de reforma.
-PERSECUCIÓN DE LOS SEDICIOSOS NO AFORADOS
-Cierre real de las fronteras. Omisión del deber de asilo
-ABUSO EN EL USO DEL TRIBUNAL CONSTITUCIONAL. LA CONSTITUCIÓN ES UN DOGMA INMUTABLE. ¡SANTA INQUISICIÓN, ORA PRO NOBIS!
-Burla y escarnio de la Ley de Memoria Histórica.
-SERVICIOS JURÍDICOS FRENTE A INCAPACIDAD PARA EL DIÁLOGO
-Puertos construidos con sobreprecio pendientes de accesos.
-DESCONEXIÓN DE CATALUÑA
-Saldos en las parcelas industriales que llegan tarde, con las empresas radicadas en Portugal.
-DESAFIO SOBERANISTA
-Cultivos marinos deslocalizados por el hipercultismo ecológico.
-DESCONEXIÓN DE CATALUÑA
-La autosuficiencia energética por el impulso a las renovables abortado por ministros que ocuparán sillones de consejero delegado en los grandes explotadores de los combustibles fósiles.
-EL TRES POR CIENTO

Esta oración , como el Santo Rosario, forma parte de los rituales utilizados para conjurar el miedo a lo desconocido. Pensamiento supersticioso, oraciones y rogativas desde emisoras provincianas en las tardes de mesa camilla con el país instalado en la apoplejía pero tranquilizado porque la mierda, a lo menos, es algo ya conocido y las aventuras son frivolidades para una España que es un gran país poblado por muchos españoles y mucho españoles:
-“Dios te salve, María. Llena eres de Gracia, el Señor es contigo; bendita tú eres entre todas las mujeres y bendito es el fruto de tu vientre, Jesús”
-“Santa María, madre de Dios, ruega por nosotros, pecadores, ahora y en la hora de nuestra muerte, Amén”
-“Dios te salve, María… (Se repite durante una hora). Pero, qué es una hora frente a los años que llevamos durante dieciséis horas al día, trecientos sesenta y cino días al año escuchando los argumentos enrocados sobre la cuestión catalana, como antes había ocurrido con la cuestión vasca. El Tribunal Constitucional dilató su dictamen sobre la legalidad del Estatut más allá de lo que permite la Ley y aconseja la prudencia. Se trató de un disparador, de un ninguneo chulesco desde un Tribunal sin independencia, contaminado por los intereses del bipartidismo. Y así hemos desembocado en el monotema que hace invisible el mapa de urgencias prosaicas de una sociedad en quiebra: las clases populares, los autónomos, pequeños empresarios, trabajadores, desestructurados, investigadores, dependientes, parados de larga duración, las mujeres maltratadas, los padres y madres que necesitan conciliar, los que no perciben ayuda en situación precaria, los que buscan su primer empleo… sólo sirven para ser aludidos en las operaciones de Marketing de formaciones que son incapaces de dedicar una mínima porción de sus palabras para concretar planes de actuación encaminados a cambiar el modelo productivo del país, el escenario legislativo que agilice tanto el dinamismo en contrataciones como la dignificación de las condiciones salariales y de trabajo… planes de actuación que impulsen el avance tecnológico, la investigación y la autonomía a medio plazo de un país con recursos propios y patentes exportables. De eso no se habla. Se diserta de plató en plató del DESAFÍO SOBERANISTA y del CONCORDATO CON LA PUÑETERA SANTA SEDE. A ver qué pasa.



miércoles, 4 de noviembre de 2015

Rajoy nunca lle falou en galego aos galegos

Mariano Rajoy entrou na sexta década dá súa vida sen ter dirixido unha soa palabra aos seus paisanos na súa terra en lingua galega. Será que non merecen esa consideración os galegofalantes deste país, nin na romaría esa que fan no monte do Faro, nin no “Carballino”, onde o amante das touradas e alto cargo na Deputación pasou parte dá súa infancia, por motivos do destino do seu pai. Nin en “Sanjenjo”, onde coñeceu á que Viri-á ser a súa dona, filla do alcalde dunha vila galega, que non madrileña.
Dificultades para a aprendizaxe? Ben, o personaxe di coñecer e falar o franchute. Logo, que carallo pode impedirlle desenvolverse na lingua de Rosalía e de Castelao, aos que tanto recorren útimamente desde a súa Formación para esgrimir músculo de país?. Paradoxal!, tendo en conta que os mestres que debuxa o intelectual rianxeiro perden a vida por defender a súa lingua, a lingua que Rajoy Brey non usa nunca públicamente (coido que tampouco en privado).
Non pode tratarse de ignorancia cando o cidadán Brey fala do Carballino ou de Sanjenjo. O deste home, se non é produto de estudos sisudos diverxentes ha ser seguidismo político da laboura colonizadora da Corte, do cortello centralista que mandou unha recua de censores a principios do século XX para castraren a toponimia, para deturpala, para castelanizala e darlle o brillo que a suxa pegada do autóctono lle quitaba. Así ven a explicarse que un fulano que viviu de neno non Carballiño traduza o nome polo Carballino -inexistente na etimoloxía- no canto de “El Roblecito”. Ou a súa outra tradución de Sanxenxo por Sanjenjo -Jenjo?-, no canto de San Ginés.
Dicía ou insigne sociolingüista Mareca Cortés que o feito de odiar o de renegar da cultura e da idiosincrasia dun pobo é un elemento perturbador que enlentece e mesmo impide a aprendizaxe efectiva, fluída da súa lingua, mesmo cando se ten convivido con ela, mesmo cando a teñen usado os pais e os abós para dirixirse aos “outros”, cando non asiste un sentimento de dignidade a respecto do pobo ao que se pertece, a respecto dous sinais de identidade proprios.
“É que eu, para falalo mal, prefiro non falalo”. “Son máis galego que ninguén pero non me gusta darlle patadas á lingua galega. Meréceme moito respecto”.
¡I eu que pensaba que o respecto consiste en adeprendela, usala, mamala, comunicarse con ela, aínda que sexa a trompicóns, se hai alguén preto de nós para contarnos, emocionármonos, rifar, declararse, cantar ou, sequera, para pedirlle un voto de confianza ao electorado e un pasaporte para Administrar e para exercer o poder!.
Rajoy representa, cando ignora durante sesenta anos á lingua galega, todos eses sentimentos de ignominia, vergoña, malos tratos, afrenta, reducionismo, colonización e vasalaxe con que o centralismo esmagou ao noso pobo, abusou da súa forza de traballo e expoliou a súa riqueza.
Non existe ningún outro exemplo xa no mundo dun líder estatal que se dirixe ao seu país, onde está ou seu berce, ignorando a lingua dous seus devanceiros, unha dás súas dúas linguas maternas. A Historia vaille pasar factura por iso e por “otras cositas”.

                                                          Castelao: a derradeira lección do mestre


Libre asociación en Arteixo para celebrar o San Xoan?

¿Vivimos nun Estado democrático?   Un grupo de veciños de Arteixo unidos pola súa ideoloxía (materializada nos proxectos de Alternativa dos ...