© blog: Son de Oleiros

martes, 19 de enero de 2016

A consolidación da pobreza

A VERDADEIRA LIÑA BERMELLA


Artigo 155 da Constitución, a “reforma” do Senado, trocos na Ley electoral, aforamentos... para cando entrarán tamén no debate das ideas, entre as súas señorías, os dramas diarios que viven as xentes do común?
A TVE, un medio presuntamente ao servizo do interese público, expón a través do programa de saúde matutino, que unha persoa pode comer san só por vinte euros ao día. Na súa dieta non poden faltar: zume de laranxa natural, aceite de oliva virxe, marmelada artesán, carne ou peixe na grella, hortalizas, 2 racións de ensalada e cinco pezas de froita, unha presa de verdura, cereais e pan integrais, arros ou brecol, a mais doutras cousas menores para media mañán e media tarde, como o queixo ou iogures. ¡Só con vinte euros ao día! E dicir, seiscentos ao mes. Nunha familia de catro membros, dous mil catrocentos euros. Iso por comer. Porque logo, tamén hai que calzar san, abrigarse, acender a lus, o termo, a cociña, a neveira e a ser posible a estufa. Tamén está a telefonía, a lus, auga, recollida do lixo e, probablemete, un coche, co seu seguro, itv., imposto de circulación e mantemento, sen contar que para que ande cumpre botarlle gasofa. Tamén importaría ter asegurar a vivenda, alugada ou hipotecada, alomenos a respecto do continente e da responsabilidade civil. Os fillos poida que teñan algunha necesidade acorde cos tempos e se cadra coa súa etapa na vida. Qudan fora de presuposto visitas ao bar, comidas fora, o cine, os caprichos, o suavizante, as barras de labios, o “After shave” e mesmo a escuma de before... a roupa e os zapatos teñen de durar e durar, e o xabrón da lavadora, a pasta de dentes, o desodorante, o papel hixiénico, o xel multiusos, o limpador, etc. etc. pois a ver que pasa. Iso sen contar as chantadas continuas que nos dá a Obsolescencia programada: cada mes hai que repoñer algunha lámpada, ou un manguito, ou reparar unha fuga, un electrodoméstico... ou se cadra tirar con il.
Hai centos de miles de fogares nos que non entra unha cadela; millóns cobrando 426 euros ou a Risga; outros tantos vivindo cun salario mínimo interprofesional e oito millóns de privilexiados nos que entran entre mil e mil cincocentos euros. Mesmo para estes, a cousa estaría en comer por eses vinte euros ao día todolos membros da familia, como de feito sucede no mellor dos casos, para poder pagar a vivenda e todolos demáis conceptos que nos fixeron evolucionar da vida de nómadas pernoctando en covachas a un estado de relación segura e amigable co medio, coa necesidade que temos de protección tendo en conta a nosa vulnerabilidade e tendo en conta que queremos unha vida para os nosos fillos que non sexa pior que a nosa.
Por tanto, a dieta saludable máis realista, hai que dicirllo a ese fato de pseudoperiodistas e médicos mercachifles que se poñen estupendos falando de reducir o culesterol, vai ser que se balancea sobre a existencia dos potaxes, lentellas, caldo, macarróns e máis lentellas. A obesidade aumento exponencialmente coa crise: os centolos, o xamón ibérico ou o besugo ao forno non engordan. E menos ainda se logo agarda o Spa-Ximnasio con coacher personal. O que engorda e a rabia, a ansiedade e as fariñas saturadas para saciar o corpo e enganalo por dúas cadelas.
España non é Grecia, dicía o de Pontevedra educado en el Roblecito e paseante en Sanjenjo. España non é Grecia! A desigualdade social e sete veces maior na pel de touro segundo o último estudo da OCDE. Esa é a realidade que di o galego que nunca fala galego cumpre asegurar e consolidar renovándolle o voto de confianza, para non caer en “perigosos experimentos, frivolidades e ocurrencias”.


Rajoy dando de comer aos menesterosos cando estaba na Oposición

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Libre asociación en Arteixo para celebrar o San Xoan?

¿Vivimos nun Estado democrático?   Un grupo de veciños de Arteixo unidos pola súa ideoloxía (materializada nos proxectos de Alternativa dos ...