© blog: Son de Oleiros

miércoles, 13 de enero de 2016

NON NOS REPRESENTAN

A Cousa Pública é deturpada. A Política concibida como un debate partidista, sectario, máis aló do que convén ou non ao conxunto dos cidadáns. O énfase sitúase na defensa dos grupos de poder e os cargos electos aspiran ao seu paraugas. A lectura entre liñas de algún líder para xustificar a imposibilidade de acordos como tamén para esgrimir a xenerosidade presunta nas cesións desenmascara a persoas malas, con maldade aínda máis gravosa tendo en conta a súa posición, mentireiras, adestradas no uso perverso da linguaxe para semellar que comprometen cousas transcendentes mesmo cando están rehuíndo, a través de sofismas, a asunción de compromisos. E todo ilo como entidades neuronales nunha maraña encenagada pola inmersión durante anos na delincuencia da súa clase: apropiación indebida, malversación de caudales públicos, nepotismo, tráfico de influencias, xestión temeraria… Non é nada novo. Os discursos de Cicerón e Séneca pintaban unha clase política idéntica á que instiga polos currunchos pacegos de San Jerónimo.
Hoxe, logo da tediosa e innecesaria exhibición protocolaria con que imbúen os seus privilexios, rematarán a sesión aberta ao fío da madrugada. É o xeito de amosar á opinión pública a súa disposición a deixarse o pelexo polo ben de España. Fano despois de dous meses rascando os collóns e denantes de voltar aos seus outros negocios, seica compatibles coa función pública. As nóminas non descansan, sen embargo, nin para ese cincuenta por cento de deputados cuxa voz nunha se ten escoitado na lexislatura, nin no Parlamento, nin en outros foros onde poderían defender o dereito a non morrer de fame, vítimas dos lobbies, dos pescadores do cerco, dos gandeiros, dos que cortan chapa. Debe de ser porque non teñen nada que dicir mais ca frases grandilocuentes sobre a defensa da unidade de España.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Libre asociación en Arteixo para celebrar o San Xoan?

¿Vivimos nun Estado democrático?   Un grupo de veciños de Arteixo unidos pola súa ideoloxía (materializada nos proxectos de Alternativa dos ...