© blog: Son de Oleiros

jueves, 26 de enero de 2017

A ESQUERDA HIPERFRAGMENTADA

Frente Judaico Popular (FJP), Frente Popular de Judea (FPJ), Frente del pueblo Judaico (FPUJ), Frente Popular del pueblo Judaico (FPPJ), Unión popular de Judea (UPJ)...

Antes, durante e despois do 15 M artellouse un movemento popular que pretendía recoller e instrumentalizar, con frescura aglutinadora, o desacordo da poboación coas políticas feitas de costas aos intereses da poboación, cuxas prestacións básicas foron diminuidas drásticamente para con eses cartos detraídos rescatar ás entidades bancarias mentres se mantiña un escenario no que os oligopolios seguían e seguen a incrementar as súas contas de resultados con imposicións de políticas de prezos abusivas e pactadas.
Naciu Podemos e coa formación acendeuse una luz de esperanza nas clases media e baixa a respecto da posibilidade de porlle freo ás políticas macroeconómicas do bipartidismo que estaban a deixar de lado dereitos adquiridos pola clase traballadora con sangue e suor. Sen embargo, os atrancos e trampas que ten de superar unha formación de estas características, con xente sobradamente preparada pero sen case experiencia de xestión, se ven acrecentados por un tratamento despiadado do seu quefacer por parte do quinto poder en mans do gran capital. Semella que para que Podemos siga medrando en apoio social ten de facer moi ben as cousas onde goberna pero, ademáis, debe evitar o espectáculo de fragmentación formidable no seu seno que denota, a ollos do cidadán da pe, unha incapacidade total para poñerse de acordo no fundamental e, o cal é aínda máis lamentable, un afán desmedido de protagonismo personalista. Ambolosdous factores estiveron presentes, tradicionalmente, no fenómeno da fragmentación da esquerda desde finais do século XIX. Mal pintan as cousas.
Espectro electoral de Unidos Podemos
Unidos podemos, Ahora Madrid, Convocatoria por Madrid, Ahora en común, Ganemos, Somos izquierda, En comú podem, A la valenciana, Compromís, Bloc Nacionalista Valenciá, Iniciativa del poble valenciá, Gent de compromís, Es el moment, Més per Mallorca, Cli-As, Izquierda castellana, Unidad popular en común, Democracia participativa, Batzarre, Asamblea de Izquierdas, Izquierda Unida, Izquierda Abierta, PCE, Izquierda republicana, Partido feminista, Esquerra unida i Alternativa, ICV, Podem Catalunya, Barcelona en común, Iniciativa per Catalunya Verds, Construyendo la izquierda-Alternativa socialista, Partido pirata, Segoviemos, Podemos Galicia, Anova, Marea Atlántica, En Marea, Compostela aberta, Ferrol en común, Marea de Vigo, Ourense en común, Encontro por unha marea galega, Verdes equo...
¡Pode producir preguiza ir a xuntanzas atomizadas nas que se pode perder o foco sobre o que verdadeiramente importa! Digo.


© lainformación.com



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Libre asociación en Arteixo para celebrar o San Xoan?

¿Vivimos nun Estado democrático?   Un grupo de veciños de Arteixo unidos pola súa ideoloxía (materializada nos proxectos de Alternativa dos ...