© blog: Son de Oleiros

domingo, 1 de enero de 2017

Dedicatoria

Neste mundo que recolle o peor e o mellor do ser humano, manteñen toda a vixencia os versos de Celaya: "A poesía é un arma cargada de futuro". O papel da poesía na recuperación e reforzamento do valores que consoliden unha mellor convivencia e a transformación da sociedade. A necesidade de mais poesía nas nosas vidas, na escola, nos medios, na remoción das conciencias aletargadas. Desexo a todos unha presencia reforzada da poesía como exercicio reflexivo e tamén sentimental nas vidas compartidas.


E as túas palabras,
recaudadas como ósos espidos e fríos
polas miñas mans ávidas
no amencer dubidoso.
As túas palabras,
como xélidas pingas de choiva
lastimando as carnes abertas
no abrazo da soidade duradera.
As túas palabras,
golpeo desapiadado, cálculo cruel,
guadaña tenaz, lume abrasador,
as túas palabras...
eco incontestable, potencia definitiva
afogando os meus silencios.
E agora...
agora a tratar de convivir coas túas palabras,
no escenario da soidade
eu, as túas palabras
e unha dor que non cesa,
esa loita infértil por mudar o pasado,
por borrar o teu desamor
que roe nas entrañas...
[fragmento de "Diario de ausencias"]
© Santiago Casal Quintáns



© imagen: Maleducadas.wordpress.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Libre asociación en Arteixo para celebrar o San Xoan?

¿Vivimos nun Estado democrático?   Un grupo de veciños de Arteixo unidos pola súa ideoloxía (materializada nos proxectos de Alternativa dos ...